1351
1483, xullo, 7. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalle a
pensión de dous terreos edificables próximos á rúa da Cruz, freguesía de
Santiago de Lugo, a
Aldara Pérez coa obrigación de construír unha casa
no prazo de dez anos.
MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 27 v.; véxase CD nº 1350.
t despoys desto sete dias do mes de jullio do ano de mill et quatroçetos et oytenta et tres anos, seendo [...] juntos os benefiçiados da dita iglesia, que abayxo seran nombrados, açerca da porta dos orgoos en presença de min Afonso Ferrnandes de San Julaao, raçoeyro et notario do dito cabildo, et testigos a juso escriptos, paresceu y de prensete Aldara Peres, muller de Lopo de Aguiar, et criada do dito Pedro Afonso, canonigo, et dixo a os ditos senores que o dito Pedro Afonso lle dera en casamento as sobreditas plaças et que ella non tina o contrabto desta dita pension, que lles pedia por merçed poys sabia [...], segundo que esta escripta en este seu libro et tumbo, mandasen a min dito notario que lla dese signada de meu signo et mandase seelar con seu seelo para garda de seu dereyto. Et alguns deles diseron que se acordaban ben da dita penson et que mandaban et mandaron a min, dito notario, que lla dese signada do meu signo et a os que tinan as chabes do dito seelo do dito cabildo que a seelasen, et queria valuese et fesese fe como se estebese signada de notario en o dito seu libro. Et con tal condiçon que fesese casa en as ditas plaças de oje este dito dia a des anos primeyros seguentes, sub pena que as non fesendo de casa, segundo dito he, que as ditas plaças se tornasen a o dito cabidoo. Et a dita Aldara Peres, que presente estava, asi as reçebeu con a dita condiçon de feser a dita casa en os ditos plazos dentro en os ditos anos, segundo dito he, et se obligou de a faser et complir as outras condiçoes arriba contiudas en a dita penson su a dita pena.
Testigos que foron presentes: Juan Afonso, chantre; Alvaro Martines de Lama, arçediano de Sarrea; el bachiller, Pedro Fernandes das Camoyras, arçediano de Deçon; Diego Gonçalves de Fonteyta, arçediano de Triacastela; Gomes Garçia, jues; Pedro Martines, et el bachiller, Pedro Fernandes de Vilafranca, canonigos.