GMH/ÍNDICE A-Z

267
1344, abril, 21 (Velle)
venda

Xoán Fernández véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle toda a súa herdade en Calvelle por 18 libras.

ACOu, Escrituras X, 15

Sabeam quantos esta carta virem que eu Johan Fernandez fillo de Fernan Afonso que foy de Moreyras e de Orraca Diaz, por min e por toda mina voz vendo et para senpre entrego a vos Lopo Rodriguez escudeyro fillo de Aldonça Rodriguez de Calvelle toda quanta herdade, casas, arvores e cortinas a montes et a fo[n]tes, con entradas e seydas et con todos seus dereitos et perteeças que eu aio et a min perteeçe na friguisia de Calvelle en seus termios de parte do dito meu padre, assy que vos et toda vosa vos os aiades en jur de herdade para senpre de desemo a deus e livres doutro enbargo. Ca outorgo que reçebi de vos por eles en preço que a mi[n] e a vos aprouvo dezeoyto libras de diñeiros brancos contados a xl par de diñeiros novees por tres libras, das quaes me logo pagastes en presença do notario e testemuyas suescriptas. Et outorgo que seiades senpre vos e vosa voz anparados com esta venda por todos meus beens gaanados e por gaañar. Et quem quer que vos contra ela veer ou pasar en qual quer maneira peytevos de pena viinte mor. de brancos et a vos del rey outros tantos et esta carta valla e seia firme para senpre. Feyta a carta en Velle, vinte e hun dia de abril, era de mill et tre[se]ntos e oyteenta e dous annos. Testemuyas Johan Bravo, Pero Eanes dito Silva e Johan Martines omes do prior de Sam Pero de Rocas.

Et eu Affonso Eanes escripvan jurado et escusador en terra d’Aguiar en lugar de Affonso Eanes notario publico na dita ter[r]a que a esto presente foy et por mandado das partes esta carta escripvy et este sinal y puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta das erdades que son do cabidoo en Calvelle.