GMH/ÍNDICE A-Z

276
1346, febreiro, 18 (Pereiro de Aguiar)
venda

María Rodríguez véndelle ao seu irmán Lopo Rodríguez de Sabadelle o seu quiñón nunha casa grande en Sabadelle, un cortello e unha cortiña por 100 mrs.

ACOu, Escrituras X, 55

Sabeam quantos esta carta viren que eu Maria Rodrigues filla de Rodrigo Ares cavalleiro que foy e de Aldonça Rodrigues sua moller, vendo e logo entrego por esta presente carta a vos Lopo Rodrigues meu yrmao e a toda vossa vos para senpre o meu quiñon que eu ey en huna casa grande que está en Sabadelle con o tendal que cabo della está, a qual me ficou de parte do dito nosso padre, e o meu quiñon do cortello que está logo y en çima a par da casa, et o meu quiñon da cortiña que está a par da casa e en redor della. Vendovos esto que sobre dito he assy que vos e vossa vos o aiades e possuyades en jur de herdade para senpre e façades dello o que vos aprouver, con suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças e façades os foros que eu soo tiuda de faser. Ca outorgo que reçebi e soon ben pagada de todo o preço que a min e a vos aprouvo de me por ello dardes, conven a saber çen mor. de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey don Affonso, contados a dez diñeiros por mor. Et obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar para anp[ar]ar vos e vossa vos senpre a dereito con esto que vos vendo. Et logo todo, jur, senorio, voz, auçon, propiadade que eu ey en esto que vos vendo, todo o tollo e removo de min e de miña vos e poñoo en vos e en vosa vos para senpre por esta presente carta. Et quen quer da miña parte ou da estraya que contra esta carta e venda que vos eu faço veer aia a yra de deus e a miña maldiçon, et peyte a vos ou a vosa vos e a outra parte por nome de penna dez mor. da boa moeda e a carta et venda fique firme e valla para senpre. Feita a carta enno Pereiro que he en terra d’Agiar, sabado xviiiº dias de fevreiro, era de mill e tresentos e oyteenta e quatro annos. Testemuyas que foron presentes Johan do Avelleedo, Johan Affonso ome do prior de Sam Pero de Rocas, Johan Martines de Calvelle, Affonso Fernandes fillo de Fernando Anes dos Cabellos.

Et eu Garçia Afonso notario publico en terra d’Agiar pollo arçibispo e igleia de Santiago a esto que sobre dito he presente foy e o escripvi e meu synal y puge que tal he en testemuyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta de Sa[ba]delle.