1379, novembro, 29. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Gonzalo Eanes e á súa muller e a unha voz
unha casa na rúa Nova por renda anual de 20 marabedís mais a obriga de
construír un sobrado con dous balcóns e unha cámara.
Sabeam
quantos esta carta virem commo nos o dayan et cabidoo et homes boos
da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo por campaa tanjuda enno
thesouro da dita iglesia, segundo que o avemos de uso et de custume,
damos aforo et avervo a vos Gonçalvo Eanes, mercador, et Aldara
Affonso, vosa muller, moradores en Lugo a Porta Nova, et a huna pesoa
qual nomear o pustrimeyro de vos en sua vida ou a o tempo do seu
finamento, a casa que he dos aniversarios da dita iglesia, a qual
casa esta en rua Nova, en que ora mora Lopo Bayon, carniçeyro, entre
la casa de Roy Mouro da huna parte et ho poço que y esta do outro
cabo dela da outra parte, con sua cortina et poço et aguas vertes et
iures que lle perteesçe, sub a capella de San Pedro de Lugo, por tal
condiçon que façades et reparedes a dita casa d’aquelo que esta
por faser, et demays que façades en ella hun sobrado con dous
balcoes desla porta da rua ata a cortina dela, et huna camara çarrada
et pechada ençima do sobrado ou en fondo del qual vos ante
quisserdes, et outrosy que dedes de foro dela vos et as ditas pesoas
a os aniversarios da dita iglesia de Lugo, o a seu procurador, en
cada hun anno viinte moravedis desta moneda que ora corre, a oyto
soldos o moravedi, en paz et en salvo en Lugo por dia de San Martino,
et a a morte da pustrimeyra pesoa de vos que a dita casa et cortina
et poço fiquen livres et quitas con todos los boos paramentos que en
ella foren feytos a os ditos aniversarios.
Et
eu, o dito Gonçalvo Eanes, que estou presente por min et por la dita
minna muller et por la dita pesoa asy reçebo o dito foro de vos, o
dito dayan et cabidoo, et obligo por todos mues bees et seus delles
para o comprirmos. Et nos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto
rogamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que fezese desto
duas cartas en hun tenor signadas con seu signal, a huna enno libro
de nos lo dito cabidoo et a outra para vos, o dito Gonçalvo Eanes,
seellada con noso seello.
Feyta
en Lugo, viinte et nove dias de novenbro, era de mill et quatroçentos
et dez et sete annos.
Testemoyas:
o dayan, arçidiago de Neyra, o arçidiago de Deça, o arçidiago de
Triacastella, o juyz; Thomas Gomes, Fernan Peres, coengos; et Afonso
Eanes, Johan Garçia, raçoeyros, et outros.
Et
eu Fernando Peres, notario sobredito, notario publico de Lugo por lo
sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he presente foy et
aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.