8
1416, agosto, 21.
O Concello acorda pagar 2.000 maravedís a Diego López de Toledo, polas moytas ajudas e obras boas en beneficio del común y moradores de la çiudad.
O Concello acorda pagar ó cambiador Gonzalo Rodríguez 663 maravedís e medio, que este prestara ó Concello para certas obrigacións.
O Concello acorda que o cambiador García Rodríguez non pagase os 20 maravedís que lle correspondía pagar no tercio da renda que agora se recadaba, polo traballo que tivera no tempo que levara a procuradoría.
O Concello ordena que García Rodríguez outorgase a Bernal Eanes os empeños que tiña por razón do pan cocido para que os tivese ata que se lle mandara entregar.
O Concello acorda quitar a Juan Fernández Mariño o preito homenaxe que tiña feito polas chaves da porta de San Francisco, por canto agora as tiña Gil Pérez.
(Fol. 3 vº) Esta feira viinte et hũu dias do mes de agosto. Sabean todos que seendo o conçello, justiças jurados et omes bõos regidores da çidade de Santiago juntados por crida de anafil segundo que han de custume enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade,presentes ende Martin Serpe et Vaasco Fernandes Troquo, justiças enna dita çidade et Martin Galos et Afonso Fernandes Abril Alvaro Afonso, Juan Aras da Cana omes bõos regidores da dita çidade et con eles Pero Eanes Abraldes et Alvaro Gil et Pero Leal et Martin Fagundes, visiños da dita çidade et en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua corte et en todos los seus regnos et escusador por Rui Martines notario publico da dita çidade et das testemoyas adeante scriptas, enton o dito conçello et regidores disseron que por quanto eles avyan reçebido et reçebian de cada dia moytas ajudas et obras boas de Diego Lopes de Toledo, si ennos repartimentos que se repartía a o dito conçello et seus omes lavradores como ennas outras cousas que cumplian a o prol comũu da dita çidade et a os moradores dela; por ende que mandavan et mandaron a Gil Peres et a Bernald Eanes do Camiño que presentes estavan que dessen et pagasen a o dito Diego Lopes ou a quen os por el ouvesse de dar dous mill moravedis, branqua en tres dineiros, cada ũu a medade et tornasen carta de pago do dito Diego Lopes ou de aquel que os por el ouvese de aver et con ela et con este mandamento lles seerian reçebidos en conta os ditos dous mill moravedis. Testemoyas Juan Sanches de Noya, Gonçalvo Eanes do Canpo, mercador, et Gonçalvo Abril et Garçia Rodriges, canbiadores, visiños da dita çidade et Françisquo Fernandes de Noya, scrivano del rey et Domingo Longo et Fernan Beeites, serventes do dito conçello.
Predito. O dito conçello, justiças et omes bõos et regidores mandaron a Gil Peres, procurador que pagase a Gonçalvo Rodriges, canbeador, os seisçentos moravedis et sasenta et tres moravedis et medio, branqua en tres dineiros, que enprestou a o dito conçello para çertos menesteres que lle requerieron et que garda a conta que o dito Garçia Rodriges dou enno dito conçello en como et para qu et para quaes cousas avya enprestado os ditos seisçentos saseenta et tres moravedis et medio et que acadase del sua carta de pago et con ela et con este mandamento lle seerian reçebidos en conta os ditos seisçentos maravedis. Testemoyas os sobreditos. Et he a contia desde mandamento seisçentos et sasenta et tres moravedis et medio.
Predito. O dito conçello mandou que Garçia Rodriges, canbeador, non pagase os viinte moravedis que lles acaesçia de pagar eno terço desta renda que se agora recabdava de dos mill moravedis porque lle fasian della quita por lo traballo que levara en quanto durara o tenpo que serveu enno ofiçio do procuratorio (...) dado este dito anno et que mandavan a Bernald Eanes do Camiño que lle non devian dar os ditos viinte moravedis que los reçeberian en conta do seu recabdamento. Testemoyas supra.
Predito. O dito conçello mandaron a Garçia Rodriges que outorgase a o dito Bernald Oanes os peños que tĩina que foran tomados (…) por rason do pan cosido para que os tevese ata que o conçello os mandase entregar. Testemoyas, os sobreditos.
Predito. O dito conçello et justiças et omes bõos jurados, diseron que quitavan a Juan Ferrnades Mariño o pleito et omenajes que tiiña feito por las chaves da porta de San Françisco, por quanto as agora tĩina de presente Gil Peres, procurador do dito conçello. Testemoyas, os sobreditos.