202
a
abril, 19
Xoán Carneiro o mozo, morador en Barbadás, e Xoán do Rigueiro comprométense a pagar un puzal de viño a Catarina Suárez e a Men Suárez Galiñato, cos que preitearan por esa causa. (fols. 64v-65)
Carta de Meen Suares.
Feita e dada notada mays
conpridamente enno libro manual.
Sabean quantos esta carta viren como nos Joan Carneiro o moço, fillo de Pero Carneiro, morador en Barbadaas, enna huna ameatade, et eu Joan do Rigeiro, fillo de Gonçalvo Peres do Rigeiro, et netos que somos de Pero Carneiro vello \outorgamos e conosçemos que/ por rason que o dito Pero Carneiro et Joan Carneiro seu (fol. 64v)
yrmaao, moradores que foron enna dita aldea de Barbadaas, por rason que elles aforaron de Eynes Yanes da Fonteyna, avooa de Meen Suares Galinato que esta presente, aforou aos sobre ditos quantas herdades et beens ela avya enna aldea de Barbadaas con condiçon que pagase a igleia da Triindade os seus dereitos et dese a ela e a sua voz para senpre tres puçaas de viño de lagar para senpre, dos quaes quaes coubo ao di a pagar ao dito Pero Carneiro noso avoo hun dos ditos puçaas de viño de lagar, sobre lo qual ouvemos pleyto et contenda sobre elo con vosco o dito Meen Suares, por ende outorgamos e prometemos de pagar o dito puçal de viño cada huun de nos a sua ameatade enno tenpo da vendima a dorna, de boon viño que seja merchante, en esta gisa a dita Catalyna Suares em sua vyda et despois dela a vos o dito Meen Suares e a toda vosa voz para senpre, para o qual obrigamos todos nosos beens de o teer e conprir todo asy e de pagar de cada huun anno o dito puçal de viño. Penna dosentos mrs. etç. Tests. Pero de Porçomillos notario et Joan d’Agyar o vello et Afonso Codeiro çapateiro e Joan Fernandes e Rodrigo Calbo. Feita a des et nove dias do mes de abril do dito anno.