GMH/ÍNDICE A-Z

894
1399, decembro, 28. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Mestre Xácome e á súa muller e a dúas voces tres cuartos do couto de Maceda, en terra de Ulloa, por 60 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 4v.

Sabeam todos commo nos don Johan Martines, dean de Lugo, et cabidoo da dita yglesia seendo juntados en noso capitulo enno thesouro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de huso et custume, aforamos et avervamos a vos Mestre Jacome et a vossa muller, Costança Lopes, moradores enna çibdade de Santiago, por vossas vidas de anbos et de duas persoas apus vos, a primeira persoa depus vos seia quen vos nomeardes en vossa vida ou a o tempo de voso finamento, et se non for nomeada que seia quen herdar vossos bees de dereito; et a segunda persoa seia quen nomear aquela persoa que por vos for nomeada, os tres quartos nossos do couto de Maçeeda que he en terra de Ulloa, os quaes ditos tres quartos do dito couto vos aforamos con todas suas herdades et casas et casares et padroadegos et jantares et serviços et loytosas et con todas suas pertenenças et dereyturas que nos a nos perteesçen et perteesçer deven enno dito couto en qualquer maneira et por qualquer razon por los ditos tres quartos, a a tal condiçon que vos o dito Mestre Jacome et Constança Lopes et persoas reparedes ben todas las herdades et casas bees et rayses perteesçentes a os ditos tres quartos do dito couto, et as mantennades en boo estado en tal maneira que se non pergan con mingoa de boo paramento; et dedes por foro vos et as ditas persoas pus vos en cada hun anno por dia de San Martino de novenbre, a o noso moordomo et rendeyro dos aniversarios, seseenta maravedis, de dez dineiros o maravedi, desta moneda husual en paz et en salvo enna çibdade de Lugo; et a finamento de vos et das ditas persoas que os ditos tres quartos do dito couto et bees a eles perteesçentes fiquen libres et quitos et desenbargados a nos, o dito dean et cabidoo, con todos los boos paramentos que y foren feitos.

Et eu, a dita Constança Lopes, que estou presente asy reçebo o dito foro de vos, o dito dean et cabidoo, por lo tempo et condiçoes et persoas segundo et enna maneira que dito he, et obligo min et meus bees et das ditas persoas, avidos et por aver, para o atender et comprir et pagar en todo segundo se en el conten. Et nos, o dito dean et cabidoo, asy vos-lo outorgamos, et porque seia çerto rogamos et mandamos a Diego Meendes, notario publico de Lugo, que fezese ende esta carta de foro et que a signase de seu signo.

Que foy feyta enna çibdade de Lugo, viinte et oyto dias de dezembre, anno do nasçemento de noso Sennor Ihesu Christo de mill et trezentos et noveenta et nove annos.

Testemoyas que foron presentes: o dito dean; et don Alvar Diaz, archidiago d’Aveancos; don Diego Alvares, archidiago de Neyra; don Roy Lopes, mestrescola; Johan Garçia, thesoreyro; Rodrigo Afonso et Lopo Fernandes, coengos, et outros.

Et eu Diego Meendez, notario publico da çibdade de Lugo por abtoridade do sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et por mandado do dito dean et cabidoo esta carta de foro escripvi et puge en ela meu signo en testemoyo de verdade.

Diego Mendez.