302
xuño, 30
Gonzalo Fernández, capelán da Trindade, comprométese a reparar unha casa que ten aforada, onde mora o zapateiro Rodrigo Martínez, e se non cumpre o prazo, a pagarlle o alugueiro doutra. (fol. 95v)
Rodrigo Martines çapateiro, pagadas III brancas.
Et despois desto, día quarta feira, XXX dias do dito mes de juyo, Gonçalvo Fernandes, clerigo capelan da igleia da Triindade, se obrigou que por rason que elles tinan do dito Gonçalvo Fernandes hunas casas en que moran, que estan enna Rua Nova e o dito Gonçalvo Fernandes ouvera de correjer as ditas casas de çertos annos pasados que ja son pasados e por se as ditas casas non correger lles viña perdida et dapno et non podian morar en elas, por que se estavan descubertas, por ende o dito Gonçalvo Fernandes se obrigou de lles dar correjida et aposta a dita casa en maneira que en ela non chobese e segundo que estava a outra, ata día de Santa Oufemea et non lla dando ao dito termino que o dito Rodrigo Martines que aluge outra casa semelante daquela a custa do dito Gonçalvo Fernandes e porlo alugueiro que lle ha de dar, para o qual obrigou a casa e seus beens. Tests. Diego barbeiro et Ares alfayate. ( fol. 95v)