Conuçuda
cousa seia a todos por aqueste scripto valedeiro por
senpre que eu Fernan Perez dito de
Calvos, fillo que foy de Pero de Calvos, presente mia
moller Elvira Affonso e outorgante, por min e por toda
mia voz vendo e por senpre outorgo a vos meestre Johan
dito de Sorveyra coego d’Ourense e ad toda voz para
senple toda herdade e voz que eu ey e a min perteençe
ena villa de Calvos e en seu termio de parte de meu padre
sobredito a monte e a fonte cun entradas
e seydas, pastos, viñas, arvores, casas e terreos lavrados e por
lavrar e cun todos seus dereitos e perteeças
assi como me ficaren de parte de meu padre sobredito.
E desta venda vos saco as casas de Calvos en que morou meu
avoo Pero Mendez e mia avoa Maria Fernandez
cun sas paredes e cun seu curral, e outrosy vos saco
desta venda o terreo que iaz u chaman os
Pumares, e en aquesta venda que vos eu faço vay
huna leyra de terreo que eu ey en termio de Raveeda eno
lugar a que chaman a Poçoca de deçimo a deus e
livre doutro enbargo. Vendo vos a dita herdade e voz
que vos e vossa voz aiades por herdade por senpre e
façades dela vossa voontade e que paguedes ende aquello
que vos acaezer eno jantar do bispo, e outorgo
que reçebi de vos en preço pola dita vendiçon
dous mill e quinentos mor. destes portugueses
que agora corren de que contan xvi
por por tres mor. E por esta carta pono vos e vossa voz no jur
e na possison da dita herdade e voz, e prometo
e outorgo defender vos e vossa voz a dereito cun ela
por min e por meus bees, e renuncio
assi que non possa dizer que de vos non
reçebi o dito preço nen me possa chamar a
engano en aquesta vendiçon. Et eu Elvira
Affonso sobredita outrosi obligo min e meus bees
a defender vos meestre Johan a dereito cun na
dita vendiçon et vossa voz. Se alguen de
qual parte quer que seia contra esta vendiçon
que vos eu Fernan Perez sobredito
fiz de meu grado quiser viir ou a quiser enbargar en parte
ou en todo aya a yra de deus e peyte aa voz del rey de pena
mill mor. da boa moneda e a carta ficar senple firme. Feyta a carta
en Ourensse, viiiº dias de setenbro, era de mill e ccctos
e xlvi anos. Tests. que a esto foron presentes
Miguel Eanes clerigo sobriño que foy de Martin
Ovella, Tome Martinez de Calvos, Domingo Perez
tyo de Fernan de Calvos sobredito, Pay Martinez
criado de don Johan Eanes que foy da
Triidade, Pero Fernandez dito de Loyro que
mora en Rayro.
Eu Domingo
Eanes notario jurado por el rey en Ourensse presente
foy a estas cousas sobreditas e scrivias e puge
este meu signo en testimonyo de verdade que est
atal.
(sinal)