(...) de procuraçom viren que en presença
Domingo Eanes notario por el rey en Ourense
e (...) meestre Johan dito de Sorveyra coengo
d’Ourense fezo seu procurador e seu pessoey(ro
...) morador en Calvos para reçeber por el e en seu nome
a vendiçon duna leyra de viña que (...) Orraca
Diaz filla de Diago Vaasquez dito Çide cavaleyro que
foy da Regueenga avia de fazer en Calvos no lugar a que
chaman a Pedra Pousadeyra e para reçeber o jur
e a possissom dela et outrossy para reçeber por el a
obligaçon que lle a dita Orraca Diaz avia de
fazer de seus beens para anparar senpre o dito
meestre Johan a dereyto con a dita leyra. Et que
esto non veña en dulta deylle ende esta procuraçom
feyta por min notario sobre dito.
Que foy feyta en Ourense, tres dias dagosto, era de
mill e trezentos e quareenta e sete annos.
Tests. que a esto foron presentes
Pero Fernandez dito de Loyro, Fernan
Perez dito Crespo de Seyxalvo, Johan Fernandez
fillo de Mariña Meendez de Sorveyra, Pero Eanes dito
Carballeyra de Paaços e Lourenço Dominguez
escrivam. Eu Domingo Eanes notario sobre dito
foy presente a estas cousas sobre ditas e fizeas
escrivir en mia presença e puge este meu signo en
testimoyo de verdade que est atal
(sinal)