1346, outubro, 2. Lugo
Don Pedro Xácome, vigairo, e o Cabido afóranlles a Rui Pérez e á súa
muller e a unha voz dous casais en San Xoán de Pena polos que deben
pagar anualmente como renda seis terzas de pan, unha porca e dous
capóns.
Eno
nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta virem commo nos Pedro
Iacome, iuys, et vigario de dom Diego Ferrnandes, dayam, et o cabidoo
desse mysmo lugar de Lugo, seendo iuntados en cabidoo commo avemos
acustumado et por consitemento et outorgamento de Afonso Ferrnandes,
dito de Bayona, et de Moor Gomes, sua muller, et con outorgamento de
Vaasco Rodrigues, coengo de Lugo, teente a amystraçon do mes
de ianeyro, que esta pressente, avervamos et afforamos a vos, Ruy
Peres dito Leyton et a vossa muller, Viviana Peres, por en todos
vossos dias d’anbos et dous et dua pessoa qual o pustrimeyro de
vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamento, dous cassares
d’erdade que son en San Yoan de Pena, que son da dita
amystraçon, con todas suas pertenenças, dereyturas,
cassas, arvores, formaes, a montes et a fontes, peru quer que vaan,
sub signo de San Yoane de Pena, en esta maneyra: conven a saber que
avedes a lavrar et parar ben, por vos ou por outren, as herdades dos
ditos cassares et tirallas de monte hun a ouveren o mellor que vos
poderdes, et manteer as cassas delles en boo estado; et avedes a dar,
cada anno, por foro et renda destes casares a o que tever a dita
amystraçon do mes de ianeyro, seys terças de pam, as
duas partes de temporao et a terça de serodeo, do mellor pam
que ouver nos ditos casares posta a semente; et pagar este pam, cada
anno, commo he usso et custume desse pagar o pam desta amystraçon,
cada anno, en Lugo. Outrosi avedes a dar, cada anno, huna marraa por
San Miguel de vendimias, et dous capoes por Natal, a o dito
amystrador; et aquel ou aquelles que mroaren nos ditos cassares han
de seer deffessos et quitos et amparados commo o foren os outros
serviçaes da iglesia de Lugo, et seer vasalos serventes,
obidientes da iglesia de Lugo ou d’aquel que tever a dita
amystraçon. Et vos, Ruy Peres dito Leyton et Viviana Peres, et
aquela pessoa que o pustrimeyro de vos nomear, avedes a teer et
manteer as herdades dos ditos cassares et as cassas delles en boo
estado, et a o tempo de vosso finamento et d’aquella pessoa que
o pustrimeyro de vos nomear, en que fiquen os ditos cassares, deve a
leyxar en cada hun destes cassares para provança hun boy et
huna vaca et VI rexellos et huna porca; et prometemos de vos non
coller, nen reçeber os ditos cassares, nen vervo delles, enno
tempo sobredito; et a cabo da pustrimeyra pessoa de vos estes ditos
cassares han de ficar livres et quitos, de vos et de toda vossa voz,
a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feitos,
et con huna cassa feita et lousada a sua beyra de sua cassa grande
que y esta, et con XLª arvores pressas; et a pesoa que para este
vervo for nomeada que venna demandar outorgaçon deste vervo a
o cabidoo et o cabidoo que lla outorguen.
Et
eu, Ruy Peres por min et por la dita minna muller Viviana Peres et
pola pessoa que para esto assi for nomeada, assi reçebo de vos
vigario do dayam et cabidoo et Vaasco Rodrigues, amystrador,
sobreditos, o vervo et foro dos ditos cassares, et obligo min et
todos meus beens, movelles et reys, de pagar cada anno as ditas VI
terças de pam et marraas et capoes commo sobredito he. Outrosi
prometo et obligo de leyxar nos ditos cassares o dito provo, et a
dita cassa feyta, et os ditos arvores pressas, et de comprir todo
esto que dito he por min et por la dita Viviana Peres et por aquella
pessoa en que ficaren os ditos cassares a o tempo de nosso finamento.
Et por que esto seia çerto et non vena en dulta nos, os
sobreditos Vaasco et cabidoo et Vaasco Rodrigues coengo et amystrador
et Ruy Peres partes sobreditas, rogamos a Fernando Peres, notario
publico de Lugo, que fesesse disto escripvir duas cartas en thenor,
et a huna dellas seellada con seello do dito cabidoo.
Feito
foy esto en Lugo dous dias de outubre, era de mill et CCC LXXX IIIIº
annos.
Testemoyas:
don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de
Neyra; don Aras Pellaes, arçidiago de Deçon; don Vaasco
Dias, thesoreyro; Andres Peres, Fernando Afonso, Iohan Dias, Iohan
Gutierres, coengos; Iohan Ferrnandes, raçoeyro, procurador do
dito cabidoo, et Fernando Garçia, notario de Lugo, ts., et
outros moytos.
Et
eu Fernando Peres, sobredito notario publico del rey ena çibdade
de Lugo, que a esto que sobredito he presente foy con as ditas
testemoyas, et por rogo das partes sobreditas fis escrivir et puge y
meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.