GMH/ÍNDICE A-Z

496
1347, abril, 8. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle a García Fernández e a dúas voces un casal e a herdade no lugar de Pipín, freguesía de San Pedro de Bulso, por renda anual de 200 soldos, unha freama que valla dous marabedís, dous capóns, dez marabedís de loitosa; e as voces, a mellor loitosa viva.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 52v; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 52.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo avervamos a vos, Garcia Fernandes do Outeyro, et a duas persoas a pus vosa morte, huna qual vos nomeardes en vida ou a tempo de vosso finamento et outra qual nomear aquela persoa que vos nomeardes, o noso casal et herdamento, que nos avemos en Bulso, enno lugar chamado Pipin, con todas suas pertenenças et dereyturas, sub signo de San Pedro de Bulso, o qual casal et herdamento de nos teveron avervados voso padre et vosa madre, Fernando Ferrnandes et Marina Ferrnandes, et vos et aquelas persoas que foren nomeadas enno dito vervo avedes a lavrar et parar ben as herdades do dito casal et manteer as casas que y estan feytas en boo estado, et avedes a dar, cada anno, de renda en salvo por dia de Natal, a aquel que tever os aniversarios desta iglesia, duçentos soldos desta moneda del rey don Affonso et huna freama que valla dous moravedis, ou estes dous moravedis por ela, et dous capoes ou duas galinas. Et vos et aquel que morar no dito casal et herdamento avedes a seer vasalos serventes et obedientes a a iglesia de Lugo et a aquel que tever os aniversarios dela. Et vos avedes a dar dez moravedis por loytosa a voso finamento, et as duas persoas an a dar a mellor loytosa viva que ouveren.

Et eu, o dito Garçia Ferrnades, asi resçebo de vos, o sobredito cabidoo, o dito casal et vervo del por min et por las persoas sobreditas, et por esta graçia que me vos, o dito cabidoo, façedes et por mina alma dou et outorgo para senpre a a dita iglesia de Lugo, para os aniversarios dela, hun quarteyro et hun almude semente de herdade que son seys leyras das quaes huna iaz cabo a vosa leyra da Cruz, et outra leyra iaz a Subreyra iuntada con outra leyra vosa, et outra iaz a o Souto Novo iuntada con outra leyra vosa, et outra iaz en Pipim iuntada outrossi cabo outra leyra vossa, et outra iaz a o couto Melo entre duas leyras do moesteyro de Lovios, que son sub signo de San Pero de Bulsso; et outra leyra iaz enno lugar que chaman a Rigueyra entre outras leyras da iglesia de Bulso, que he sub signo de San Iullao de Lovios, segundo que as eu mostrey et peeguey a Fernando Vaasques, rendeyro dos ditos aniversarios; as quaes vos dou con seus soutos, que en elas estan, et con todo o quinon que eu aio ennos seydos da dita villa de Bulso, a montes et a fontes, hu quer que vaan. Et estas leyras et herdamentos sobreditos que vos dou avemos eu et as persoas sobreditas a teer en nosos dias por vos con este outro vervo sobredito. Et a finamento da pustrimeyra persoa que en este vervo for nomeada o dito casal et herdamento de Pipim con estas leyras et soutos et voçes da villa deven ficar livres et quitos a os aniversarios da iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos con hun armentio boo et quatro rexelos para pobrança do dito lugar. Et para todo esto comprir eu, o dito Garçia Ferrnandes, obligo todos meus beens et das persoas sobreditas.

Et que esto seia çerto nos, o dito cabidoo et Garçia Ferrnades rogamos a Fernando Garçia, notario publico de Lugo, que feçese ende duas cartas tal huna commo outra et as signase de seu signal, et por mayor firmidume nos o dito cabidoo mandamos seelar a carta que o dito Garçia Ferrnades leva de noso seelo et mandamos lançar esta en este noso livro. Que foron feytas en Lugo oyto dias de abril, era de mill et treçentos et oyteenta et çinquo annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Diaz, arçidiago de Neyra; don Aras Paes, arçidiago de Deçon; Affonso Gomes, Vaasco Rodrigues, Fernando Affoso, Iohan Diaz, coengos; Iohan Fernandes et Lopo Domingues, raçoeyros; Ruy Gomes, Fernando Afonso, Afonso Eanes, clerigos do choro; Gomes Paes da Cruz, Ruy Peres, porteyro do dito cabidoo, ts., et outros muytos.

Et eu Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, a esto pressente fuy et esta carta en mina pressença fis scripvir en este livro do cabidoo et puge y meu sinal en testemoyo de verdade.