368 
    
 
    agosto, 24 
    
 
    Por solicitude dos zapateiros o alcalde ordena continuar o preito que teñen pendente ante o abade da Trindade. (fol. 111v)     
    
 
    	Os çapateiros. 
    
 
    Et despois desto, enna dita çibdade d’Ourense enna Praça do Canpo, audiençia da terça, o dito Pero Rodrigues alcallde diso que mandava por sentença Afonso Codeiro que segise o pleyto que estava pendente dos çapateiros, que estava ante o abade da Triindade ou que llo presentasen e el que faría aquelo que de dereito devese etç. et esto a pedimento de Mantena çapateiro e de Vasco Lourenço e Joan do Ribeiro et doutros çapateiros. Tests. Afonso Fernandes, Afonso Anriques, Loys Gonçalves notarios, Gonçalvo Yanes mercador.