Connosçuda cousa seia a todos
que nos dom Gonçalvo bispo d’Ourense
por fasermos ben e merçee a vos Fernan
Rodrigues cavalleiro e a vossa moller Moor Nunes
nosa criada damos vos a nossa viña do Vao, a qual nos
conpramos de Ouffemea Martines moller que
foy de Ruy Peres dos Brancos e de seus fillos
por tal condiçon que vos anbos aiades a
dita viña en vossas vidas con suas perteenças,
e morto hun de vos que fique enno outro.
Et se fillo ou filla ouverdes de consuun ambos
mortos que lle fique a dita viña e a teña en
sua vida, et a morte do dito vosso fillo ou filla que
fique a dita viña livre e desembargada a nos ou a quen
na mandarmos ou a nossa voz. Et desto mandamos faser
duas cartas partidas por .a.b.c. Esto foy feito nove
dias de febreiro, era de mill e ccc e çinqoenta e seis
annos. Tests. Gonçalvo Peres raçoeiro,
Pero de Beyro capellan de Santa Maria a
Madre, Gonçalvo Eanes rector da igleia de
Beran, Gomes Peres escudeiro do dito
bispo.
Et eu Affonso Viviaez
coengo d’Ourense e chanceler dessa cidade que
a estas cousas presente foy e por mandado do
dito señor estas duas cartas partidas en un tenor en
mia presença fige escrivir e en cadauna delas
meu sinal puge que tal he en testemunyo de verdade.
(sinal)