GMH/ÍNDICE A-Z

187
1330, xaneiro, 19
foro

O cabido afóralles a unha voz a Afonso Domínguez, bufón, e á súa muller, María Domínguez, unha casa na rúa das Chousas por 16 libras e fumaxe acostumada.

ACOu, Escrituras XVII, 93

Sabbeam quantos esta carta viren que nos Vaasco Perez deam d’Ourense e ho cabidoo desse lugar damos a foro a vos Affonso Domingues boffom, morador em Ourense na rua das Cho(usas) e a vossa moller Maria Domingues em vossa vida danbos e a huna voz apus vossa morte danbos qual nomear o pustri(meiro ...) huna casa que nos avemos enna dita rua das Chousas, a qual está entre a casa de Lourenço Eanes de Sorveira da huna par(te ...) outra (a) casa en que agora mora Pero Luceda ome do bispo e tem a outoeira enna casa que foy de Pero Fernandez boffon e te(n as) portas na rua publica. Aforamosvos a dita casa por tal condiçon que a reparedes e adubedes de todo lavor a vista d(e do)us do cabidoo, em maneira que nom desfalesca por mingoa de boon paramento, pero que se as paredes destas casas caerem pello fondamento, que nos ho dito cabidoo que as adubemos. Et devedes vos e a dita vossa voz a dar cada anno no dito tenpo a nos ho dito cabidoo por dia de Santa Oufemea dez e seys libras de brancos da moeda del rey dom Fernando de que contan xl pares de diñeiros por tres libras. Et se vos ou cada huun de vos ou vossa voz sobredita quiserdes vender a dita casa no dito tenpo ou deitar ou enpeñorar, que a vendades ou deitedes ou enpeñoredes ante ao dito cabidoo ca a outre pollo justo preço, e se a el assy non quiser reçeber enton a vendede ou deitade ou enpeñorade no dito tenpo aa tal ome que seia semellavil de vos e que cunpla e pague o dito foro cada anno en paz e en salvo commo dito he ao dito cabidoo, e que pagedes outrossy dela fumagen acustumada. Et se recreçer contenda entre vos ou a dita vossa voz e ho dito cabidoo sobrela dita casa que se termine por dous omes boons do dito cabidoo tomados sen suspeita a prazer das partes sem outra apellaçon. Et se as condiçoens desta carta non forem agardadas en todo commo dito he que o dito cabidoo possa tomar a dita casa con todas sas boas paranças se quiser. Et desto as ditas partes pidiron a min Afonso Viviaez chançeler senllas cartas partidas por .a.b.c. Feita a carta en Ourense xixe dias de janeiro, era de mill e trezentos e seseenta e oyto annos. Testimuyas que a esto presentes forom Estevoon Eanes morador en Gostei, Domingo Fernandez çapateiro, Lourenço Scrivan, Pero Eanes de Cabanelas omes do chantre, Vidal omme de Gonçalvo Anes capellan.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chanceler dessa cidade que a estas cousas presente foy e en mia presença as fige escrivir e este meu sinal y puge.

(sinal)

[reverso] Litera capituli.