GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

249
1341, xaneiro, 26

requirimento

Lopo Sánchez, procurador de cabido, presenta Gonzalo Pérez, cóengo, unha carta de fronta para que labre ben unhas herdades e viñas foreiras do cabido, que tiña deixadas a monte.

ACOu, Escrituras VI, 50

Sabean quantos esta carta de fronta vyren que commo en presença de min Fernan Gonçalves notario publico da çidade d’Ourense jurado pola ygleia desse lugar e das testemoyas adeante escriptas, Lopo Sanches avogado e procurador do cabidoo da igleia d’Ourense en nome do dayan e cabidoo frontando disso a Gonçalvo Peres sobrino de Gonçalvo Peres da Triidade e coengo d’Ourense que commo el tevesse erdamento en termio de Seyxalvo e vynas que eran foreyras ao cabidoo e que as vynas que eran colleytas a monte por mingoa de lavor e de boo paramento e que o cabidoo que perdera o dereyto que delas avya daver polo mao paramento que ouveran as ditas erdades, por ende frontou ao dito Gonçalvo Perez que lavrasse e parase ben as ditas erdades e as tornase en boo revor commo o dito cabidoo ouvesse o seu dereyto, se non que soubesse que o dito cabidoo reçeberia as ditas erdades, protestando que a salvo ficase ao dito cabidoo seu dereyto para cobrar por el e por seus beens todo quanto perderon do seu dereyto das ditas erdades polo mao paramento que ouveron. Et e dito Gonçalvo Peres disso que se elas estavan mal paradas que non era sua a culpa. Et desto o dito Loppo Sanches pedío a min notario huun estormento e eu deylle ende este, que fuy feyto en Ourense, viinte e seys dias de janeyro, era de mill e trezentos e satenta e nove annos. Testemoyas que a esto foron presentes Françisco Garçía clerigo de Mugares, Afonso de Santa Mariña clerigo do dayan, Ruy Perez solurgian e outros.

Et eu Fernan Gonçalvez notario sobre dito que a esto presente fuy e o escrivi e meu synal y puge en testemoyo de verdade que tal he.

(sinal)