Gonzalo García de Mugares empeña en Antón de
Alongos durante dous anos un lugar, foreiro ao mosteiro de Santa Comba
de Naves, por 200 mrs. (fol. 135v)
Feita e dada.
Et despois desto, domingo XXIIII de oytubro, Gonçalvo Garçia de Mugares reçebeu enprestados de Anton de Alongos dosentos mrs. vellos de que se deu por pago etç., por los quaes dosentos mrs. lle enpenou o seu lugar de Alongos doje a dous annos primeiros sigentes, duas novidades alçadas, et que desconte cada anno por las rentas do dito lugar çen mrs. e page a dereytura ao mosteiro de Santa Coonba de Nabes et do al que leve todos los frutos e pan e viños et dereytos ao dito lugar perteesçentes para sy de disemo a deus et acabados os ditos dous annos que lle fique seu lugar livre et quite etç. et obrigou seus beens etç. et deu por fiador para llo faser saan et de paz e que sua moller consenta en elo a Gonçalvo do Lageeyro et obrigou seus beens a dita fiadoría etç. Penna dosentos mrs. e a el rey outros tantos etç. Tests. Rodrigo do Paaço et Gonçalvo Peres de Piñor e Joan do Bouteiro.