46
xaneiro, 17
Inés Fernández, veciña da Coruña, obrígase a pagar a Xoán Seleiro, de Ourense, 471 mrs., postos na cidade de Lugo. (fol. 14)
Feita e dada.
(Joan Selleyro.
Et despois desto, a des e sete dias do mes de janeiro do dito anno, Eynes Fernandes, vesiña et moradeira enna vyla da Cruna, obrigou seus beens de dar et pagar a Joan Seleyro, vesiño d’Ourense, quatroçentos et seteenta e hun mrs. branca en tres dños. os quaes ditos quatroçentos e seteenta e hun mrs. se obrigou de llos dar et pagar postos en paz et en salvo enna çidade de Lugo, ata a feyra rayal de Lugo que se faz por Santo Espiritus et obrigou se los dar so pena de dez mrs. etç. para o qual obrigou todos seus beens etç. Tests. Ares Fernandes alfayate et et Afonso de Merça labrador)*.