1349, xaneiro, 3. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle ao cóengo Xoán Fernández e a unha
voz unha casa situada ante a Carnizaría de Lugo, por 60 soldos anuais de
renda.
Sabeam
quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayan, et o
cabidoo da iglesia de Lugo, afforamos a vos Iohan Ferrnandes, coengo
de Lugo, et a huna pesoa qual vos nomeardes a tempo de voso
finamento, huna cassa que he dos aniversarios desta iglesia que esta
ante la Carniçaria de Lugo, enna qual cassa suya morar
Gonçalvo Peres, dito [...quino], a qual esta entre la casa en
que ora mora Lopo Affonso, mercador, da huna parte, et da outra,
entre la cassa en que mora Arias Peres, notario; por tal condiçon
que vos façades morar en voso nome a dita cassa, et manteerla
en boo estado, et avedes a dar, cada anno, por renda et alugeyro
dela, a aqueles que por nos recadaren os aniversarios, seseenta
soldos desta moneda del rey don Affonso, commo he usso et custume de
se pagaren os alugeyros das outras cassas que nos avemos en Lugo. Et
a passamento de vos et da dita pesoa que fique a dita casa livre et
quita a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en ela
foren feitos.
Et
eu, o dito Iohan Ferrnandes por min et por la dita pesoa, asy reçebo
de vos, o dayan et cabidoo sobreditos, a dita cassa, et obligo min et
meus beens de pagar cada anno a dita renda et alugeyro commo dito he.
Et nos, o dayan et cabidoo, asy vos la outorgamos, et por que esto
seia çerto mandamos-vos ende dar esta nosa carta seellada con
noso seello pendente, et por mayor firmidue mandamos a Fernando
Garçia, notario publico del rey en Lugo, que posesse en ela
seu sinal.
Que
fuy feyta en Lugo tres dias de ianeyro, era de mill et CCC LXXXª
et sete annos.
Testemoyas
que foron presentes: don Diego Ferrnandes, dayan sobredito; don
Fernando de Deus, chantres; don Alvar Diaz, arçidiago de
Neyra; don Garçia Diaz, arçidiago de Sarrea; don Vaasco
Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Pedro Arias,
mestrescola; don Vaasco Diaz, thesoreyro; Iohan Diaz, Lopo Domingues
et Rodrigo Affonso, coengos de Lugo, ts.
Eu
Fernando Garçia, notario sobredito, que fuy pressente et fiz
scripvir et puge y meu sinal.