GMH/ÍNDICE A-Z

704
1369, xuño, 18. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Preto e á súa muller e a unha voz unha casa na rúa do Burgo Novo por renda anual de 20 marabedís os primeiros beneficiarios e 25 marabedís a voz.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 80r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayam, et cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento de Iacome Peres, rendeyro dos aniverssarios desta dita iglesia, que esta pressente, avervamos et afforamos a vos Affonso Preto et a vossa muller, Tereyia Martines, por en todos vossos dias d’anbos et a huna pesoa a pus vos qual o postrimeyro de vos nomear para esto, huna cassa de dous portaes, que he dos aniverssarios, que esta enna çibdade de Lugo na rua de Burgo Novo con seu seydo et dereyturas et pertenenças, a qual cassa tinna aforada Martin Peres dito Frouson, que esta a par duna cassa que foy de Aldara de Fontao, que ora he do dito Iacome Peres, da huna parte, et da outra parte, ias una praça de cassa que he dos ditos aniverssarios; a qual casa vos afforamos et avervamos a a tal pleyto que vos et a pessoa que for nomeada para esto reffaçades et ben paredes a dita cassa et a mantenades en boo estado. Et vos, los ditos Affonso Preto et vossa muller, dedes dela de renda et foro en salvo cada anno, viinte moravedis, a oyto soldos cada moravedi, desta moneda que se ora [usa], o d’outra moneda que os valla. Et a pesoa que enno dito vervo for nomeada de, cada anno, delo viinte et çinquo moravedis da dita moneda, et os moravedis sobreditos pagardes-los cada anno, commo sobredito he, a aquel que tever et recadar os aniverssarios da dita iglesia, segundo que acustuman desse pagaren os outros foros et vervos das outras nosas cassas desta çibdade; et a finamento da pesoa sobredita que essa casa fique livre et quita a nos et a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et eu, o dito Affonso Preto, por min et por la dita minna muller et pesoa sobredita, assy reçebo de vos, lo dayan, et cabidoo sobreditos a dita cassa et vervo et foro dela con as ditas condiçoes, et obligo meus beens et seus para o comprir et pagarmos en todo commo sobredito he. Et por que esto seia çerto nos las partes sobreditas rogamos a Fernando Garçia, notario publico de Lugo, que feçesse desto duas cartas tal huna commo a outra, huna enno livro do cabidoo et outra a o dito Affonso Preto signadas con seu signal.

Feytas enno coro da dita iglesia de Lugo, des et oyto dias de junyo, era de mill et quatroçentos et sete annos.

Et foron presentes don Ruy Ferrnandes, dayan; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Ruy Gomes, mestrescolla; don Alvar Dias, iuys; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gomes, Pero Eanes, ts.; Pero Affonso de [...]de; Lopo Peres, porteyro do cabidoo, et outros.

Et eu Fernando Garçia, notario publico de Lugo, dado por autoridade do bispo desse lugar, a esto presente fuy et a rogo das partes sobreditas esta carta en minna presença fis scripvir en este livro do dito cabidoo et puge y meu signal en testemoyo de verdade.