GMH/ÍNDICE A-Z

515a
1434decembro, 8
Ares Fernández de Arxona e o seu fillo Lopo venden a Afonso Rodeiro, veciño de Santiago, dez cargas de orcela, a 100 mrs. cada unha. (fols. 159v-160)

Afonso Rodeiro.

A VIIIª dias do dito mes de desenbro, Ares Fernandes dArjona et Lopo, seu fillo, anbos a dous de man comuun, venderon Afonso Rodeiro, de Santiago, dez carregas dorsella, a çen maravedis cada carrega, para en pago da qual orsela logo reçeberon do dito Afonso Rodeiro quinentos mrs., branca en tres dños., de que se deron por pagos, et as quaes dez carregas dorsela se obrigaron de lle dar en todo o mes de mayo primeiro que ven en paz et en salvo en esta çidade d’Ourense ou a redor medea legoa, et que o dito Afonso Rodeiro que lles dia os mays mrs. tanto que lle (fol. 159v)

entregen a orsela. Penna dez mrs. etç. Obrigaçon forte e firme etç. Tests. Afonso Anriques, Nuno Gonçalves de Freixo, notarios, Joan do Bouteiro.