227
s/d
García Anes, veciño de Ourense, como procurador do escudeiro Lopo de Deza, afora polo tempo que el o ten do Cabido a Pedro Anes e á súa muller María Anes, moradores en Santa Baia, un lugar, coa condición de moralo e pagar quinta e 8 mrs. de dereitura. (fols. 73v-74)
Carta de Pero Yanes; pagadas IIII brancas, feita e dada.
Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Garçia Yanes vesiño e morador enna çidade d’Ourense et procurador que soon de Lopo de Deça escudeiro para faser o foro adiante contiundo, segundo que esta por este notario por quen esta carta he feita, do qual eu o dito notario dou delo fe, et por ende eu, o dito Garçia Yanes, porlo dito poder que ey do dito Lopo de Deça, dou et outorgo, aforo a vos, Pero Fernandes Yanes que sondes presente et a vosa moller Maria Yanes que non son he presente, moradores enna freigesía de Santa Vaya, conben a saber que aforo o lugar de Cantone que esta e perteesçe ao couto de Paderne, o qual vos aforo por tal lo tenpo e voses que o o dito Lopo de Deça ten aforado do dito cabido, o qual vos aforo con ( fol. 73v)
todas suas casas e herdades e arvores et soutos et cortinas perteesçentes ao dito lugar et por tal condiçon que moredes o dito lugar por vos meesmo et o lavredes et paredes ben et façades del foro de quinta de toda a novidade que deus en el der vos e vosas voses ao dito lopo de deça, a qual novidade colleredes por seu mayordomo ao qual proveeredes de comer et de beber cumunalmente en quanto collerdes a dita novidade e corregeredes as casas que estan por correjer et as repararedes ben et faredes e daredes por dereytura por dereytura por cada huun anno por cada día de San Martiño de novenbro oyto mrs. de dños. brancos de dez dños. o moravedi ou a estimaçon delles enna moeda que porlo tenpo correr et daredes mays por loytosa quanto falesçer a voz dez mrs. da dita moeda, et do al de disemo a deus livre et quite de todo outro trebuto, çenso et encarrego alguun etç. et se quiserdes vender etç. et obrigo os beens do dito cabiidoo que a min son obrigados para voslo faser saao et de paz etç. et eu o dito Lopo Pero Fernandes \Yanes/ obrigo meus beens etç. Penna quiñentos \çen/ mrs. etç. Tests. Afonso de Logilde, Alvaro Gonçalves Pato vesiños d’Ourense et Gonçalvo Rodrigues morador en San Momede.