GMH/ÍNDICE A-Z

1020
1428, abril, 21. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó arcediago de Dozón e a unha voz os lugares e casais da Nogueira na freguesía de San Salvador de Vilar de Sarria, por renda anual o primeiro beneficiario de sete moios de centeo e oito a voz.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 154 v.

Sabeam quantos esta carta de aforamento viren como nos as persoas coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia cathedral de Santa Maria da çiudade de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por canpaa tangida dentro en o thesouro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, damos aforo et avervo a vos Lopo Afonso, arçidiago de Daçon, coengo en a iglesia de Lugo, et a outra persoa despoys de voso finamento que vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, os nosos casares et lugares da Nugeyra, que son da nosa amistraçon do mes de agosto, os quaes ditos casares et lugares son sub signo de San Salvador de Vilar de Sarrea, et os quaes vos damos et aforamos con todas suas herdades et casas et arvores et formaes et naseyros et pesqueyras et montes et prados et pascos et con todas las outras dereyturas perteesçentes a os ditos casares et lugares, a a tal pleito et condiçon que vos tenades os ditos lugares et casares labrados et ben reparados, et as casas deles feytas et cubertas et en boo paramento, et dedes de foro et penson vos o dito Lopo Afonso, arçidiago, en vosa vida sete moyos de çenteo linpo de poo et de palla, et a voso finamento que a persoa que for nomeada en o dito foro que de et pague de cada ano oyto moyos de çenteo linpo de poo et de palla dentro en o dito lugar de Nugeyra, a aquel que for amistrador da dita amistraçon, desde Santa Maria de agosto ata Santa Maria de setenbre; o qual dito foro dos ditos casares et lugares vos damos et aforamos a Deus et a toda vosa ventura et da persoa que subçeder en o dito foro para que paguedes sen desconto algun; et outrosy con condiçon que a dita persoa, que vos nomeardes et feserdes persoa do dito foro dos ditos casares et lugares, seia tiuda et obligada de viir mostrar et presentar a o dito cabidoo como he persoa et foreyra dos ditos casares et lugares do dia que en el quedar et subçeder por persoa ata triinta dias primeyros seguentes sub pena que non no comprindo asy que perga o dito foro; et a finamento da dita persoa que por vos, o dito arçidiago, for nomeada en o dito foro que as ditas herdades dos ditos casares et lugares fiquen labradas et ben reparadas, et as casas deles feytas et cubertas et en boo paramento a a dita iglesia de Lugo, cuios son, con todos los outros boos paramentos que en eles foren feytos.

Et eu o dito Lopo Afonso, arçidiago, que presente estou asy resçebo o dito foro dos ditos casares et lugares de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiçoes en esta carta de foro contiudas, et obligo a min et a meus bees et da dita persoa que for nomeada de o conprirmos et pagarmos et atendermos segundo et en a maneyra que dita he. Et nos o dito cabidoo asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fezese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun thenor huna para vos, o dito arçidiago, et persoa que vos nomeardes, et \ha/ outra que a lançase en o libro do cabidoo, et ha signase con seu signal, et por mayor firmidue mandamos seelar a carta de vos, o dito arçidiago, con o seelo do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado dentro en o thesouro da dita iglesia, viinte et hun dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et oyto anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o dito foro: don Lopo Dias, mestrescola; Pedro Lopes, coengo et vigario de Martin Vidal, dean; Lopo Fernandes, Fernan Peres, Nuno Gonçalves, Juan Ruys, Afonso Rodrigues da Porta Minaa, coengos; Fernan Yanes, raçoeyro, ts.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çibdade de Lugo por lo senor Obispo dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Fernandes, notario.