GMH/ÍNDICE A-Z

932
1416, outubro, 9. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Roi Lourenzo, á súa muller e a dúas voces media casa na rúa Nova, por renda anual de seis marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 118 v.

Sabam quantos esta carta virem como nos as persoas, coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, dentro en o coro da dita iglesia con Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, que esta presente et outorgante, avendo primeyramente noso consello et deliveraçon, et veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosos subçesores, afforamos a vos Roy Lourenço, mercador, et a vosa muller, Moor Eanes, et a outras duas persoas depoys de vos huna qual nomear o postrimeyro de vos em vida ou a tempo de seu finamento, et a outra qual nomear aquela persoa que por lo postrimeyro de vos for nomeada, a metade de huna casa que he dos ditos aniverssarios, que esta en a rua Nova junta da huna parte con huna casa de Fernando Lopes de Maçeeda, que tamben he da iglesia de Lugo, et da outra parte esta junta con outra casa que foy de Juan de Bandelo en que ora mora Afonso da Riba, correeyro, a qual he sub signo da Capella de San Pedro; a qual dita metade da dita casa vos, o dito Roy Lourenço, et vosa muller teedes a jur et a mao, a qual vos afforamos con seu orto et seydo et entradas et seydas et jures et pertenenças et agoas vertes, segundo perteesçe a os ditos aniversarios, a a tal pleito et condiçon que vos, o dito Roy Lourenço, et vosa muller et persoas que suçederen en o dito foro tenades a dita metade da dita casa feyta et cuberta et en boo paramento; et dedes de foro et penson em cada hun ano a o dito Lopo Ferrnandes, ou a aquel que for moordomo et destrubuydor dos ditos aniversarios, seys maravedis de longos, et que os paguedes cada ano por dia de Sam Martino de nobembro, et os paguedes en a moneda en que se pagaren os outros foros da dita (sic) de Lugo; et a finamento da pustrimeyra persoa que susçeder en o dito foro que a dita metade da dita casa fique feyta et cuberta et ben reparada a a dita iglesia de Lugo et a os aniversarios dela, cuia he, con todos los boos paramentos que en ela foren feytos. Et outrosy que a pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro seia tiuda et obligada de o viir reçeber do dito cabidoo do dia que for nomeada por persoa et em el suçeder o dito foro ata triinta dias primeyros sub pena de perder o dito foro.

Et eu, o dito Roy Lourenço, que presente estou por min et por la dita mina muller et persoas asy reçebo este dito foro por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo meus bees et seus de o comprirmos et pagarmos et atendermos segundo dito he. Et nos, o dito cabidoo, asy vo lo outorgamos, et porque esto seia çerto nos as ditas partes mandamos a o notario iuso scripto que feçese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor, huna para nos o dito cabidoo et outra para vos o dito Roy Lourenço et vosa muller et persoas, et os signase de seu signal, et por mayor firmedoe mandamos seellar a carta de vos, o dito Roy Lourenço, con o sello do dito cabidoo.

Feyto foy et outorgado esto que sobredito he dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, nove dias do mes de outubre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et seys anos.

Testemoyas que foron presentes: don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; et Lopo Diaz, mestrescola de Lugo; don Rodrigo Afonso, juys; et Juan Dias, coengo, vigario de don Juan Martines, deam de Lugo; Lopo Fernandes, Afonso Teyxeyro, et Nuno Gomes, Lopo Afonso, et Juan Lopes, coengos de Lugo; et Pedro Ferrnandes, et Afonso Rodrigues, Fernando Ferrnandes, raçoeyros, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fiz scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.