GMH/ÍNDICE A-Z

764
1377, maio, 12. Portomarín
Avinza entre o bispo de Lugo e Vasco Gómez de Seixas sobre os peitos e pedidos dos homes e caseiros do bispado no alfoz de Chantada. Determínase que os devanditos homes queden exentos de tales por vida do actual bispo.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 19r, incluído en: 1377-IX- 5 e 6, (CD n.º 773).

LUGO, AC, extr., Tumbo Nuevo, fol. 234r.

Era de mill et quatroçentos et quinze annos, doze dias de mayo.

Estando en Portomarin ante o onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes por la gracia de Deus, obispo de Lugo, et Vaasco Gomes das Seyxas en presença de nos Rodrigo Eanes de Burella et Johan Aras, notarios publicos, et das testemoyas subscriptas, o dito sennor obispo et o dito Vaasco Gomez feseron sua avenença et composiçon, que valla et se tenna et se cumpla entrelles, sobre razon dos omes et caseyros que o dito sennor obispo ha en terra de Tavoada et d’Asma, que he no alfoz de Chantada, dizendo o dito sennor obispo que os caseiros seus et da iglesia de Lugo an et deven seer quitos de monas et de todos outros peytos et pididos et tallas que acaesçeren entre los outros omes moradores enna dita terra, por privillegios et libertades que a iglesia de Lugo ha dos reys que foron en Castella et en Leon et confirmados por nosso sennor el rey don Enrrique, que Deus mantenna, et lle foran senpre gardados ata aqui. Et o dito Vaasco Gomes disendo que commo quer que os ditos caseyros avian a seer quitos et escusados das ditas monas et peytas et tallas que se entendia de o seeren aqueles que lavrasen as herdades propias da iglesia de Lugo, et non outras, et morassen ennas suas casas, et mays que o dito sennor obispo avia enna dita terra de Tavoada et d’Asma caseyros que lavravan moytas mays herdades d’outras ordees et d’escudeyros et que moravan en outras casas que non eran do dito sennor obispo nen da sua iglesia, et que estes taes caseyros non devian a seer quitos nen privillegiados das monas nen d’outros peytos et pedidos que pagassen os moradores do alfoz de Chantada. Et sobresto o dito sennor obispo et o dito Vaasco Gomes feseron a dita avenença en esta maneyra: conven a saber en vida do dito sennor obispo que todos los omes et caseyros, que o dito sennor obispo ten enna dita terra de Tavoada et d’Asma et alfoz de Chantada, que lavrasen as herdades do dito sennor obispo et de sua iglesia et as herdades, que os caseyros ouveren elles et suas mulleres de seu patrimonio, que seian escusados de todas peytas segundo foren ata aqui aynda que moren en as suas casas de seu patrimonio et non ennas do bispo, non lavrando outra herdade se non a do dito sennor obispo ou de seu patrimonio delles, et a outra herdade que os outros caseyros teveren que a leyxen et desenbarguen a cuia for, et non querendo os ditos caseyros do dito sennor obispo leyxar as herdades que de outros quaesquer lavraren et querendo leyxar ante as do dito sennor obispo, o dito sennor obispo dalles liçençia que o posan faser sen enbargo dos foros ou vervos que con o dito sennor obispo an. Et que esto seia çerto as ditas partes rogaron a nos, os ditos notarios, que signassemos esta carta, ou mays se a cada hun delles comprisse, de nosos signaes.

Que foy feyta enno dito lugar de Portomarin ennos paaços do dito sennor obispo era et dias sobreditos.

Testemoyas que foron presentes: don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Lopo Rodrigues, abbade de Ferreyra de Pallares; frey Afonso Eanes, companeyro do dito sennor obispo; Pedro Lourenço, clerigo de Vilella; Fernan Gonçalves de Moreda; Pedro Afonso de Sande; Rodrigo Eanes Estança, notario, ts.

Et eu Rodrigo Eanes de Burella, notario publico de Lugo por auctoridade do sennor obispo dese lugar, a esto fuy presente con as ditas testemoyas et con o dito Iohan Aras, notario, et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade por lo rogo sobredito das ditas partes.

Et eu Iohan Aras, notario publico de Lugo por autoridade do bispo desse lugar, a esto fuy presente et por lo dito rogo puge aqui meu signal en testemoyo de verdade.