GMH/ÍNDICE A-Z

356
1362, febreiro, 16
doazón

María Pérez, co seu marido, Lourenzo Fernández, dito Rosete, dóalles aos clérigos do coro unha viña no Couto para dous aniversarios.

ACOu, Clérigos do Coro, 60

Sabean quantos esta carta viren que eu Maria Peres moller de Lourenço Fernandes dito Rossete vesiño d’Ourense, presente o dito Lourenço Fernandes meu marido et outorgante, porlo amor de deus dou e outorgo en esmonla por miña alma e do chantre Bertolameu Peres meu yrmao que foy et porlas almas de meu padre e de miña madre et do padre et madre do dito Lourenço Fernandes et porlas almas do thesoureiro Garçia Martines e de seu padre e de sua madre et de todos aqueles e aquelas a que eu soon tiuda, a vos Lourenço Fernandes et Garçia Anes clerigos do coro da dita igleia d’Ourense para a unyverssidade dos clerigos do coro da dita igleia d’Ourense que aian por erdade para senpre, huna leyra de viña que eu aio enno Couto a sobre a congosta que vay d’Ourense para Ervedello et jaz a par da viña da capella de vos o dito Lourenço Fernandes et a par doutra viña de dona Sancha, da qual viña dela he de foro de terça et della de foro de quarta ao que tever a renda d’Ervedello. Dou vos a dita leyra de viña para os ditos clerigos en esmonla commo dito he, et vos que façades della seu foro ao senorio, e livre e quite de todo outro enbargo. Et os ditos clerigos do coro que agora som et foren daqui endeante que façan cada anno para senpre porla alma de dom Bertollameu Peres chantre que foy da igleia d’Ourense meu yrmao et de Garçia Martines thesoureiro que foy da igleia d’Ourense et de Elvyra Ares sua madre et por (...) Fernandes et porlas almas de nossos padres, de nossas madres et de todos aqueles e aquelas (...) tiudos dous anyverssarios con duas minsas cantadas e commo se deven dizer por finado, o hun (...) esta feyra de Qoreesma et o outro a primeira quarta feyra de oytavas de Pascoa. Et eu a dita Maria (Peres con) outorgamento do dito Lourenço Fernandes obligo todos meus beens para enparar vos os ditos Lourenço Fernandes e Garçia Anes (...) os outros clerigos do coro con a dita viña a dereito. Et nos os ditos Lourenço Fernandes e Garçia Anes que somos presentes por nos e en nomme dos outros clerigos do coro asy reçebemos de vos a dita Maria Peres a dita leyra de viña que nos dades en esmonlla, et prometemos de faser de cada anno para senpre os ditos dous unyverssarios por os ditos dias porlas almas dos sobre ditos e de cada huun delles, et para o asy conprir obrigamos os beens da unyverssidade dos ditos clerigos do coro. Et desto nos as ditas partes rogamos e mandamos a Pero Lourenço notario d’Ourense que fesese ende duas cartas partidas por a b c. Feyta a carta en Ourense, dez e seys dias de fevereiro, era de mill e quatroçentos annos. Tests. que foron presentes Rodrigo Alvares da rua Escura, Andreu e Roy Fernandes seus omes e Affonso Virgo da Pixotaria e outros.

Et eu Pero Lourenço notario publico d’Ourense pola igleia (dese) lugar que a esto presente foy et desto que sobre dicto he a rogo das dictas partes en miña presença fiz escrivyr duas cartas partidas por a.b.c. anbas en huun teor e en cada huna delas meu nomme e signal fiz que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta dos clerigos do coro.