GMH/ÍNDICE A-Z

306
1351, xaneiro, 5
foro

O cabido afóralles a unha voz a Martín Pérez e á súa muller, Maior Iáñez, dous casares en San Cibrao de Paderne, con condición de facer a metade dun muíño, por terza de pan, liño e legume, un sesteiro de centeo, 6 mrs., unha porcalla con 1 mr. de pan branco e dous azumes de viño por San Martiño, por San Xoán un carneiro co pan e viño correspondentes, e vasalaxe.

ACOu, Escrituras V, 17

Sabean quantos esta carta viren que eu Domingo Anes coengo d’Ourense e vigario de dom Pero Suarez dayan da dita igleia d’Ourense nos contrautos do dito cabidoo e o cabidoo desse lugar seendo juntados per canpaan tanjuda na costra nova de Sam Martiño hu he costume de nos juntar a faser o dito cabidoo, nos ditos vigario e cabidoo damos a foro a vos Martin Peres morador en Sande e a vossa moller Maior Anes que non he presente en vossa vida danbos e a huna voz qual nomear o postrimeiro de vos, dous casares derdade que nos o dito cabidoo avemos enna friigesia de San Çibrao de Paderne que chaman Seyxomyr et Pena Hedrada. Damos vos aforo os ditos casares commo dito he con suas casas e herdades e con suas arvores a montes e a fontes con entradas et seydas e con todos seus dereitos e perteenças de dizemo a deus e livres e quites de todo outro enbargo, per tal condiçon que vos e a dita vossa moller e a dita voz que lavredes e paredes ben as herdades dos ditos casares en gisa que non defalescan por mingoa de lavor e de boon paramento e mantenades as casas e as cubrades e moredes por vos. Aynda devedes a fazer per vossa custa a meatade de hun moyño a que chaman de Foro de Ponton de todo o que el ouver mester, et vos e a dita vossa moller e a dita voz que dedes a nos o dito cabidoo per nosso moordomo, o qual devedes proveer comunalmente de comer e de bever en quanto estever convosco a coller os froitos dos ditos casares terça parte de todo pam e de vino e de legumea que deus der nas herdades dos ditos casares. Aynda devedes a dar cada anno hun sesteiro de çenteo de deiradigo, et vos e a dita vossa moller e a dita voz devedes a dar cada anno por dereitura por morada e por nabal e por froita e por as outras cousas seys mor. de brancos desta moeda de nosso señor el rey de dez diñeiros cada mor. et pagardelos cada anno por dia de Sam Martiño de novenbro. Aynda devedes a dar cada anno de foro polo dito dia huna porcalla comunal que seia de reçeber e hun mor. de brancos de pam branco e dous açunbres de vino et por Sam Johan Bautista do mes de juyo hun carneiro comunal que seia de reçeber e hun mor. de bancos de pam branco e dous açunbres de viño, et que moredes as casas dos ditos casares por vos e as cubrades e mantenades de todalas cousas que mester ouveren, et vos e a dita vossa moller e a dita voz devedes a seer vassalos serventes e obidientes de nos o dito cabidoo et non devedes chamar contra nos outro señorio nihuun. Aynda he posto que se vos ou a dita vossa moller ou a dita voz quiserdes vender, deitar ou supinorar os ditos casares ou parte deles primeiramente vendede, deitade ou supinorade a nos o dito cabidoo ante ca a outro nihuun polo justo preço, et nonnos querendo nos o dito cabidoo reçeber polo justo preço que outro por eles der, enton vendede, deitade ou supinorade aa tal pessona que seia semellavil de vos, non a cavaleiro nen a escudeiro nen a donna nen a ome de tras muro + et de que nos o dito cabidoo possamos aver nossos foros e dereitos em paz e en salvo assy commo de vos. Et aynda he posto que se contenda recleçer entre nos o dito cabidoo e vos o dito Pero Domingues e a dita vossa moller e a dita voz e nos o dito cabidoo sobre razon dos ditos casares que se termii per dous omes boons do dito cabidoo tomados a praser das partes, toda outra appelaçon remota. Et nos os ditos vigario e cabidoo obligamos os beens da nossa mesa para anparar vos o dito Pero Domingues e a dita vossa moller e a dita voz con os ditos dous casares e herdades e cousas sobre ditas a dereito. Et eu o dito Pero Domingues que soon presente por min e pola dita miña moller que non he presente e pola dita voz assy reçebo de vos o dito cabidoo os ditos dous casares et herdades e cousas cousas sobreditas aforadas pelas condiçoens sobre ditas, et prometo e outorgo de as lavrar e parar ben as herdades dos ditos casares e fazer a meatade do dito moyño et pagar o dito foro de terça de pam e de lino e de legumea et os ditos seys mor. de dereitura et a dita porcalla e carneiro con seu pam e con seu viño cada anno e conprir e aguardar todalas cousas e condiçoens que en esta carga som contiudas, et para o assy conprir obligo min e todos meus beens moviles et reizes gaanados e por gaañar. Et desto nos os ditos vigario e cabidoo et eu o dito Pero Domingues rogamos e mandamos a Pero Lourenço notario publico d’Ourense que fezesse ende duas cartas partidas per .a b c. anbas en hun tenor. Feita a carta en Ourense no dito cabidoo, çinqo dias de janeiro, era de mill e trezentos e oyteenta e nove annos. Tests. que presentes foron + mays aa tal pessoa que seia semellavel de vos. Johan Garçia porteiro do dicto cabidoo, Estevo Anes e Roy de Meyçon e Miguell Peres moradores en Gostey.

Et eu Pero Lourenço notario pubrico d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e desto que sobre dito he a roro das dictas partes en miña presença fiz escripvyr duas cartas partidas por a.b.c e en cada huna delas meu nomme e signal puge que tal he.

(sinal)