GMH/ÍNDICE A-Z

458
1345, xaneiro, 9. Lugo
O cóengo Vasco Rodríguez afóralles a Afonso Pérez e á súa muller e a unha voz unha herdade na freguesía de Santa María de Teixeiro por terza e media de pan, dous carros de leña e outras obrigas.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 44v.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Vaasco Rodrigues, coengo de Lugo, et amiistrador do mes de iunyo en terra d’Aguiar, con outorgamento de don Diego Fernandes, dayam, et do cabiidoo dese lugar, avervo a vos, Afonso Peres de Teixeyro et a vossa muller Viviana Peres, et a huna persoa qual nomear o postrimeyro de vos, a herdade que a dita amiistraçon ha en Teixeyro, sub signo de Santa Maria de Teixeyro, con suas dereituras et pertenenças segundo que aora tragia Alvar Peres Gomes, po-la qual herdade avedes de dar cada anno a min, o dito Vaasco Rodrigues, ou a quen tever a dita amiistraçon, huna terça et medea de pan do mellor que y ouver et dous carros de lenna, et dous capoes boos, et avedes y a faser huna casa cuberta de geestas et de palla, et seer serventes et hobedientes da iglesia de Lugo. Et a pus pasamento de vos et da dita perssoa ha de ficar a dita herdade livre et quita a a dita amiistraçon con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et a dita perssoa postrimeyra ha de leixar a dita herdade provada de hun boy et de huna vaca et de seys rexellos. Et eu, o dito Affonso Peres, por min et pola dita mina muller et por la persoa, asi reçebo dos sobreditos a dita herdade, et obligo min et meus beens et da dita perssoa para o conprir et guardar en todo commo sobredito he. Et por que esto seia çerto nos, os sobreditos dayan et cabidoo, mandamos seellar esta carta con nuestro seello colgado, et por mayor firmedoe rogamos et mandamos a Domingo Peres, notario publico de Lugo, que feçesse ende duas cartas en hun tenor et posesse en cada huna delas seu nome et seu signal en testemoyo de verdade.

Feyto foy esto en Lugo nove dias de ianeyro, era de mill et CCC LXXXª et tres annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Aras Pellaes, arçidiago de Deçon; don Pero Iacome, iuys; don Affonso Eanes, thesoreyro; Iohan Gomes, Vasco Rodrigues, Fernando Affonso, coengos de Lugo; Gonçalvo Peres, sacristan.

Et eu Domingo Peres, notario publico de Lugo sobredito, dado por auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto que sobredito he chamado et rogado presente foy et a rogo das partes sobreditas sobreditas (sic) esta carta escrivi et en ella meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.