GMH/ÍNDICE A-Z

127
1457

(35V)

-127-395

Ẽno porto de Rriãjo, XXVIJ días do mes de nouẽbro, ano4 dito. Como4 eu, / Juã Durã, morador en Rriãgiño, aforo a vós, Afonso de Rriãjo, morador ẽna Proua do / Deã, e a vosas boses, herdeyros e soçesores, para senpre jamais, cõuẽ / a saber, estas herdades que se siguẽ: hũa leyra de herdade que está / en Vieyro, que jas da húa parte Pero Çitoula e da outra Sueyro Gomes, / como4 está marcada. Jtem máis, sete margas de herdade ẽna agra / d'Estalle396, ẽna marcada que chamã a do Lonbo, entre Sueyro Gomes, / a longo do marco de Sueyro Gomes, e do outro cabo quatro margas do / clérigo cureyro da egleia, e entesta do hũu cabo ẽna leyra d'Estalle, / de Sueyro Gomes, e da outra entesta4 ẽno camjno que sal do Cãçelo / e vay para Rrinlo. Jtem máis, a leyra d'Entre397] as Rribas, que entesta / do hũu cabo ẽno tallo de Sueyro Gomes, e entesta do outro cabo ẽno / rrío que chamã das Quintãas afasta agua4, e da parte do rrío fas / esta leyra XXVIJ margas, e da outra fas XXVIIJº margas. Jtem máis, / o tallo da Souereyra, que chamã da Longarela e jas da húa parte / Sueyro Gomes cõ a leyra grande da Souereyra, e da outra parte / Sueyro Gomes cõ o cabeçeyro de Souereyra, que tẽ o casal de Pero do / Outeyro, e da hũa testa topa en este tallo mesmo que tẽ Pero do Outeyro / e entesta do outro cabo ẽn[a]398 testa da leyra de Costança399 Lopes, que vay fe/ryr ẽno marco. Jtem máis400, catorse margas de herdade401 / ẽno tallo de Poçidos e jas da hũa parte Sueyro Gomes escontra o Castro, / e da outra402 parte Ferrnand Seco, que foy yrmão deste tallo, / e topa da hũa testa ẽna cortina do Castro do Rriãjiño, e da outra / testa en Costança Lopes. Jtem máis, sóbrela fõte pequena de Rriãjiño, XIIIJº / margas que entesta do hũu cabo ẽno pardiño403, e do outro cabo entesta / ẽnos pedrouços da fonte. Jtem máis404, hũu onsao do / caruallo de Lamaçãas, e mais en este caruallo hũu quarto. Jtem máis, quatro / marjas ẽna cortiña da fonte, que jas da hũa parte Sueyro Gomes cõ a corti/ña de Jon Peres de Rriãgiño e da outra parte jas Ferrnand Seco cõ a cortiña dos / Matraos405, e do hũu cabo entesta ẽno rrego da fõte grãde / de Rriãjiño406 cõ seu perfeyto e entesta do outro cabo ẽna cortiña das / coles, que está á porta de (de) mj o dito407 Afonso de Rriãjo, que foy porlos Matraos, que he do dito / Afonso de Rriãjo, segundo está çercada de muro. Jtem máis, hũa casa408, / que está en Rriãgiño, que entesta ẽna casa en que morou Ferrnand Martíns, / e do outro cabo entesta ẽna cortiña de Ferrnand Seco, que he dos Matraos409, / e tẽ esta casa hũa cortiña para / colles ẽnas espaldas e(n)scontra a trauesía que vay topar ẽna / cortina de Sueyro cõ súa porta. Jtem máis, os castineyros que enxertou / Jon Durã desla fonte de Matacãas fasta os castineyros que tẽ Fernand / Seco longareses410. Jtem máis, ẽno arroyo do Cãçelo, IIIJº margas de longo411, testa contra o ve[n]daual20 ẽno camjño / que vay para Rrinlo e entesta do outro cabo ena moroça que está en contra Souereyra. Das quaes412 ditas herdades e cousas sobreditas pertẽesçe a mj, / o dito Afonso de Rriãjo, logo de todo ello hũu honsao e do outro que queda a metade / por bos dos Matraos413. //

__________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
20. Falta o n.
395. O foro que se transcribe nesta nota foi riscado e anulado polo notario que o volveu redactar, con modificacións, na seguinte folla.
396. Despois está riscado que jas.
397. Despois está riscado Rribas.
398. Está escrito ẽno.
399. Ça está sobreposto.
400. Despois está riscado quatro.
401. Despois está riscado en Poci.
402. Despois está riscado Ferrnand Seco.
403. Está escrito pdiño cun sinal de abreviación sobre o p.
404. Despois está riscado o quarto do caruallo.
405. Antes está riscado matrãos.
406. Despois está riscado que e entreliñou.
407. (De) mj o dito está entreliñado.
408. Despois está riscado formal.
409. Despois está riscado e do outro cabo para a cortina de Sueyro Gomes que jas ẽna costãa escontra / a trauesja que ha de faser huu.
410. Jtem máis../..contra Souereyra está escrito na marxe inferior da folla e no texto sinalou cunha cruz o punto de inserción das dúas liñas.
411. Longo está riscado.
412. Quaes está entreliñado.
413. Na marxe aparecen varias probas de pluma que non gardan relación co texto; pódese ler n / adeante / sa / j.