Sabeam
quantos esta carta viren que eu Esteveyna Anes
moller de Johan da Geesta morador en Ourense
enna rua da Fonte do Bispo por mandado
e outorgamento do dito meu marido que e
presente e outorgante, vendo e logo por
esta presente carta entrego a vos Pero
Domingues dos Brancos juys d’Ourense
e a vosa moller Dominga Anes e a toda vosa vos
para senpre na huna meatade et a vos Roy Peres
mercador morador enna rua da Correaria e a vosa moller
Costança Garçia e a toda vosa vos para
senpre na outra meatade tres piteiros de
viñas que iasen enna friigresia
de Sam Lourenço de Pinol, os quaes a min
ficaron de Johan de Felgueira meu padre que
foy, dos quaes ende os dous jasem no lugar que disem
Riqueixo e o outro iaz no lugar que chamam Roma.
Vendovos os ditos piteiros de viñas asi que
vos e todas vosas voses os aiades e pesuyades en jur
derdade para senpre con entradas e seidas e con
todos seus dereitos e perteenças de
disemo a deus e livres e quites doutro enbargo,
por preço çerto que a min e a vos
aprouvo de me por el dardes, conven a saber
qatroçentos mor. de diñeiros
brancos de des diñeiros o mor. os quaes
vos eu e o dito meu marido ia deviamos por stromento
feito por notario. Et logo todo jur, dereito,
señorio, posisom, propiadade, vos e auçon
que eu ey e de dereito me perteençe
nos ditos piteiros de viñas todo o tollo e
removo de min e de toda miña vos e poñoo
en vos e en todas vosas voses para senpre por
esta presente carta. Et obligo todos meus beens
gaanados e por gaañar para anparar vos e todas
vosas voses para senpre a dereito con os
ditos piteiros de viñas. Et quen quer
da miña parte ou da estraya que vos contra esta
carta e venda quiser pasar aia a yra de deus e a miña
maldiçon e quanto demandar peyteo a vos
ou a vosa vos dobrado e a vos del rey peyte de pena çem
mor. de brancos, e a pena pagada ou non
esta carta e venda fique firme e valla para senpre.
Feyta a carta en Ourense, dez e seys dias de março, era
de mill e tresentos e oyteenta e seys annos. Tests.
que presentes foron Andreu Peres
notario d’Ourense, Afonso Anes
pedreiro, Johan Valeeyro omme do dito
Pero Domingues.
Et eu Gomes Peres notario
publico d’Ourense polo bispo e pola igleia
dese lugar que a esto presente foy e o escrivi
e meu nome e sinal y fes que tal he.
(
sinal)