GMH/ÍNDICE A-Z

69
1309, setembro, 26

venda


Xoán Martínez, dito Boto, peleteiro, e a súa irmá Mariña Martínez véndenlle ao mestre Xoán de Solbeira, cóengo, tres viñas no lugar da Morteira, foreiras de quinta, por 700 mrs.



ACOu, Escrituras XVI, 18

Eno nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta virem que eu Johan Martinez dito Boto piliteyro d’Ourense e eu Mariña Martinez sua yrmaa sobriños de Martin Fernandez carpenteyro que foy da rua das Chousas, por nos e por toda nossa voz vendemos e por senpre outorgamos a vos meestre Iohan dito de Sorveyra coengo d’Ourense e a toda vossa voz para senpre tres leyras de viñas que nos avemos no lugar a que chaman a Morteyra, das quaes leyras a huna delas iaz entre a de Johan d’Allariz e a de Johan das Viñas e en fondo fer no camiño publico que vay de Ourense para Santa Mariña do Monte, et a outra leyra iaz entre a de dona Eldonça e a de Affonsso Perez çapateyro e en fondo fer na do chantres, et a outra leyra iaz entre duas leyras de Roy Perez çapateyro e ençima entesta na de Pero Miguez e en fondo fer na de Moor Aras. Vendemosvolas ditas leyras de foro de quinta e livres de todo outro enbargo con todos seus dereytos e perteenças assy que vos e toda vossa voz as aiades livres e quites de todo outro enbargo para senpre e façades delas toda vossa voontade livremente. Et outorgamos que reçebemos de vos en preço por elas seteçentos mor. da moeda portuguesa de que contan dez e seys par por tres mor. Et por esta carta vos poñemos no jur e na possissom das ditas leyras. Et outorgamos a deffender vos e toda vossa voz senpre a dereyto con elas, e para vos deffender obligamos a vos nos e todos nossos beens gaanados e por gaanar e cadahun de nos polo todo, et se alguen da nossa parte que contra esta nossa venda que vos nos fazemos de nosso grado quiser viinr aia a yra de deus e peyte aa voz del rey por pena çem mor. da moeda branca del rey don Fernando e a vos ou a vosa voz outros tantos e esta carta ficar senpre firme. Feyta a carta en Ourense, viinte e seys dias de setenbro, era de mill e ccc e quareenta e sete annos. Tests. que a esto foron presentes Gonçalvo Namorado porteiro do cabidoo d’Ourense, Domingo Eanes de Moreyras de Louredo, Martin Perez e Pero Eanes sergentes do dito meestre Iohan e Lourenço Dominguez escrivam.

Eu Domingo Eanes notario por el rey en Ourense foy presente a estas cousas sobre ditas e figeas escrivir en mia presenza e puge este meu signo en testemoyo de verdade que é tal.

(sinal)