GMH/ÍNDICE A-Z

076
1457

-76-

Traspasamẽto / de foro.

Ẽno dito porto, XXVIIJº djas do dito mes de agosto, ano4 dito. Como4 eu, Pero do Outeyro, / morador en Rriãjo, por rrasõ que eu teño o casal da quinta de Rriãgiño, casas, cortes, eyra, / enxjdos237 e herdades a el pertẽescentes, aforado de Pay Gomes, que Deus aja, por çinco fanegas / de pã, medjo mjllo e medjo çẽteo, porla medida de Padrõ, e hũu par de capõos / ou de boas galljnas quando nõ teuer capõos, en cada ano4, para senpre jamais, segundo / se máis largamẽte cõtén ẽna carta do foro que aq presento4 signada4 de Gomes de / Nemãcos, notario, que Deus aja; por ende outorgo e coñosco por esta presente / carta que dou en pura doaçõ e eçedo e traspaso en vós, Pero da Rribeyra, criado / de Ferrnando de Catoyra, morador en Briõ238, que sodes presente, que seja para vós e para / vosa moller             57 e vosas boses, cõuẽ a saber: o dito casal / da quinta de Rriãgiño, así casas, cortes, pardineyros, eyras, enxjdos, herdades / e chantados a el pertẽesçentes, segũdo4 que o eu teño aforado do dito Pay Gomes / e o eu teño e poseo, para todo senpre jamais, cõ que paguedes e sejades obliga/do4 de pagar vós e vosas boses para senpre jamais a Sueyro Gomes de Soutomayor, / fillo mayor legítimo do dito Pay Gomes, e a seus herdeyros, boses e soçesores239 / as ditas çinco fanegas de pã medyo mjllo e medio çẽteo, porla dita medjda / de Padrõ, e hũu par de bõos capoos, ou de boas galljnas quando nõ teuerdes / capõos, en cada hũu ano4, para senpre jamais; a qual dita doaçõ e traspasamẽto vos / faço puramẽte e sinpresmente, de bõa võtade e por cárrego que de vós teño e por / vos faser graçia e boa obra. E desde agora me quito e parto de todo ello e poño / a vós e a vosas boses e herdeyros e subçesores ẽno jur e posesiõ, señorío e propie/dade delo, segũdo e cõas cõdiçõos e ẽna forma e maneyra e cõ aqueles mesmos / cárregos con que o eu tenja240, de que vos dou / e entrego en presença do notario desta carta e testigos a carta de foro que do dito casal tenja. E / eu, o dito Pero da Rribeyra, así o rreçebo para mj e a dita mjña moller e herdeyros para senpre  /  jamais, e me obligo4 cõ todos meus bees mobles e rraýses, gañados e por ganar, / de o pagar en cada ano4 ao dito Sueyro Gomes e a súas voses e de sacar a pas e / a saluo ao dito Pero d'Outeyro, so pena4 de çent4 floríns d'ouro. Outorgarõ amas partes dúas cartas, et çétera, / firmes. Testigos: Fernando de Catoyra e Ares de Vila e Ferrnando de Valeyrõ, criado de Fernando de Catoyra. //

__________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
57. Deixou un espacio en branco.
237. Enxjdos está escrito na marxe.
238. Despois está riscado e en.
239. Despois está riscado pg.
240. Despois está riscado e eu, o dito Pero da Rribeyra, así o rreçebo para / mj e para a dita mjña moller; e me obligo cõ todos meus bẽes; obligo leva un trazo por riba
.