GMH/ÍNDICE A-Z

770
1377, xuño, 6. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Fernando Martíns e á súa muller e a unha voz porcións de dúas casas na rúa Nova por renda anual de 80 soldos e a obriga de realizar algunhas obras.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 90v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Iohan Affonso, dayam de Lugo, et as outras persoas et coengos desa iglesia estando iuntados en cabidoo enno coro dessa iglesia, segundo que avemos de custume, damos afforo a vos Fernando Martines, piliteyro, morador em Lugo enna rua Nova, et a vosa muller, Tereyia Afonso, por vosa vida de anbos et de huna persoa que o pustrimeyro de vos nomear a tempo de seu finamento, os tres quartos de duas nosas casas que estan enna rua Nova, que ora estavan tornadas en huna casa, enna qual vos ora morades et avedes ho outro quarto; a qual casa esta a para de outra de Pedro Ianeyro, piliteyro, da huna parte, et da outra parte esta outra casa en que ora mora Iohan San Cloyo, piliteyro; as quaes duas casas que se tornaron en huna cassa estan sub a capella de Sant Pedro de Lugo, con suas entradas et saydas, et iures et agoas vertes, o qual foro vos fasemos a a tal condiçon que vos façades y o lenço da parede contra a casa de Pedro Ianeyro ata çima do [...] et hun sobrado enna dita casa contra a rua ou contra a cortina qual vos quiserdes, et hun tavoado ou parede ante a porta da rua qual poderdes y faser. Et avedes-nos a dar de foro della, de cada anno, vos et a dita persoa oyteenta soldos desta moneda vella que anda, que fasen quareenta novees triinta soldos, et que os paguedes a aquel que tever os aniversarios desta iglesia en salvo sen outro desconto algun por Natal. Nos lo dito cabidoo que tiremos por nosa custa a caal que y esta contra a dita casa ut mora Iohan Sant Cloyo d’aqui ata quatro annos, et tirandoa que vos lo dito Fernando Martines que façades connosco de por medio parede et caanado para acanaaduras destas casas, et non tirando nos a dita caal que vos, lo dito Fernando Martines, non seiades teudo a faser lo dito sobrado, mays que façades y hua camera et tenades en boo paramento a dita casa.

Et eu, o dito Fernando Martines, que estou presente por min et por la dita minna moller et persoa, asy reçebo o dito foro et obligo meus bees et seus para o comprir et pagar em todo commo dito he. Et nos, lo dito dayam et cabidoo, asy vos lo outorgamos, et porque he çerto nos as partes rogamos a Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra, et demays nos, lo dito cabidoo, mandamos seellar esta carta de noso seello.

Feytas en Lugo, seys dias de junio, era de mill et quatroçentos et quinse anos.

Testemoyas: o dito dayam; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Diego Gomes, thesoreyro; Thomas Gomes et Fernando Peres et Afonso Ferrnandes et Roy Lopes, coengos; et Diego Eanes, raçoeyro; et Lopo Rodrigues et Aras Peres, clerigos do coro, ts., et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo obispo desse lugar, a esto foy presente et fis scripvir et aqui puge meu signal.