GMH/ÍNDICE A-Z

329
1355, maio, 8
foro

O bispo don Xoán afóralles a perpetuidade a Álvaro Sánchez e á súa muller, Tareixa Iáñez, o casal de Folvorados, na freguesía de San Pedro da Mezquita, por quinta, 6 mrs., dous capóns e dúas teigas de trigo.

ACOu, Bispo, 7

Sabbeam quantos esta carta virem commo nos dom Johan porla graça de deus bispo d’Ourense damos et outorgamos a foro a vos Alvar Sanches escudeiro et a vossa moller Tereyia Anes, moradores en Ourense na rua do Pumar, et a toda vossa vos para senpre o cassar de Folvorados que está na friguisia de Sam Pero da Mesquita, a monte e a fonte con sas cassas e erdades e arvores e con sas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças, por condiçon que o lavredes e paredes ben en maneira que non deffalesca por mingua de lavor e de boon paramento et mantenades as cassas do dito lugar de guissa que se non percan por mao paramento, et dedes a nos e aos bispos que pello tenpo foren na igleia d’Ourense a quinta parte de todo pam que deus y der na ayra por nosso ome, ao qual devedes aproveer de comer e de beber cumunalmente en quanto collerdes a dita novydade. Et dardes por dereitura cada anno por dia do San Martiño do mes de novenbro seys moravedis de diñeiros brancos desta moeda husavil que ora corre de des diñeiros por moravedi e dous capoens et duas teegaas de triigo, et o aiades livre e quite de todo outro enbargo. Et se vos ou vossa vos quisserdes vender, deytar ou supinorar o dito cassar que o vendades, deytedes ou supinoredes ante a nos ou aos bispos que pello tenpo foren na igleia d’Ourense ca a outre pollo justo preço que outre por ello der, et se o nos non quisermos que enton o vendades, deytedes ou supinoredes aa tal persona que seia semelavil de vos que lavre e page e cunpra e agarde as condiçoens sobre ditas et cada huna dellas segundo que vos sodes tiudo de faser, pero que non seia cavalleiro nen escudeiro nen dona nen donsella nen moordomo nen servo alleo nen ome de tras muro nen outro ome poderosso alguun. Et obrigamos os beens da nossa messa para que vos e todas vossas voses seiades anparados e deffesos senpre a dereito con o dito cassar que vos afforamos commo sobre dito he. Et eu o dito Alvar Sanches por min e polla dita miña moller que non he pressente e por toda nossa vos assy reçebo de vos o dito señor obispo o dito cassar que me afforades pella maneira e condiçon sobre dita. Et para o lavrar e parar ben e para pagar e conprir e agardar as condiçoens sobre ditas e cada huna dellas obrigo a vos todos meus beens gaañados e por gaañar. Feyta a carta en Ourense oyto dias de mayo, era de mill e tresentos e noveenta e tres annos. Testimuyas que a esto foron presentes don Bertran Bertranes arçidiago de Baronçelle, don Lourenço coengo d’Ourense e reytor da igleia da Triidade rigon Gonçalvo do Mato, Johan Lopes mercador, Lourenço Rossete çidadaos d’Ourense.

Et eu Roy Gonçalves notario publico d’Ourense porlo dito señor obispo et porla dita sua igleia a esto que sobre dito he presente foy et o fis escrivir en mina presença et meu signal aqui fis que tal he en testimuyo de verdade.

(sinal)