GMH/ÍNDICE A-Z

1093
1453, abril, 11

María Prada e o seu irmán, Fernando, alcanzada a súa maioría de idade, reciben a herdanza da súa nai.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/3, perg. orix., galego, cortesá, 300 x 210 mm.
   

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çincoenta et tres anos. Sabeam quantos esta carta de pago et auçon virem como eu Maria Prada, filla de Fernando Pardo, et eu Fernando, fillos que somos do dito Fernando Pardo, et de ydade que vos damos por libre et quito et por mandado de Ares de San Martino, juys de terra de terra (sic)  de Narla por lo senor Lopo Sanches de Ulloa, et segundo dereito, que damos por libres et quitos de todos los bees que foron et ficaron de nosa madre, Elvira Peres. Conven a saber asy de boys et bacas et ovellas et cabras et porcos et ouro et prata et dineiros et roupa de cama et ortas et voontades el alfayas de por casa et outros quaesquer bees que a nos pertesçia de aver por parte da dita nosa madre, Elvira Peres, et de todo nos damos por ben entregos et ben pagos a a nosa voontade sen erro et masconto algun por quanto nos destes boa conta con pago de todos los sobreditos bees que ficaron da dita nosa madre, Elvira Peres, et vos damos por libres et quitos a vos, o dito Fernando Pardo, et a vosa muller, Tareia Gomes, et vosos fillos \et da dita Tareia Gomes/, et de todo nos outorgamos por ben entregos et ben pagos et vos damos deles por libres et quitos a vos et a dita Tareia Gomes et vosos fillos, et que no posamos diser contra vos os sobreditos nen contra vosos bees, et se alegarmos alguna cousa, ou ynorançia, contra vos ou vosos bees, o que Deus non queyra, queremos et outorgamos que nos non balla en juiso nen fora del, et para ho asy teer et complir et gardar renunciamos et partimos de nos et de outros por nos todas las leys et foros et usos et costumes escritos et non escritos et a ley do a[...]do boo b[...], et a ley do engano, et a ley de numerata pecunia non vista, et todas las outras leys asy gotegas como romanas, avendoas aqui todas por repetidas, todas las revocamos et anulamos que as non posamos alegar nen delas gosar en juiso nen fora del, et demays se contra elo pasarmos, ou intentarmos, que pergamos de pegna cada hun de nos dous mill maravedis de boa moneda que ora corre de noso senor el Rey don Johan os medios a a parte que o non complir et gardar, et os outros medios a vos del Rey ou por outra justiça por donde for requerido, et a pegna pagada ou non que a dita carta de pago et [nunço] et todo ho em ela contiudo valla para senpre jamays, do qual outorgamos huna carta de pago et fin et quitamento a mays çerta que se poder notar et faser en dereito sobre la dita rason con leterados et ha den a vos, a dita Tareia Gomes, et a vosos fillos, Vasco et Rodrigo et Lionor, para garda et conservaçon de todo voso dereito.

Que foy feyta et outorgada en o [Arieree], a onse dias do mes de abril do ano sobredito.

Testemoyas que foron presentes: Ares de San Martino, juys de Narla; et Juan d’Arieree; Nuno de Castrelo et Juan de Vilela, et outros.

Et eu Rodrigo Afonso, notario publico de Narla et dos coutos de Sant Martino et Ferreira de Negral et San Jurjo de Aguas Santas a merçede do senor Lopo Sanches de Ulloa et por Alvaro Vilouris, a todo esto foy presente con as ditas testemoyas et esta carta escrivi con mina mao. Et non enpesca onde dis da dita Tareia Gomes. Et puse aqui meu nome et signo en testemoyo de verdade que tal he.

Fernando Afonso, notario d’Adae (signo).