GMH/ÍNDICE A-Z

305
1351, xaneiro, 5
foro

O cabido afóralle a unha voz a Xoán Pérez, labrador morador en San Vicente dos Abeledos, un casar sito nesa freguesía por quinta de centeo, trigo, orxo, millo (miúdo) e liño, 4 mrs., dúas galiñas, un lombo de porco, un moio de centeo e un sesteiro de eirádigo.

ACOu, Escrituras XV, VII

Sabean quantos esta carta viren que eu Domingo Anes coengo e vigario de don Pero Suarez dayan da igleia d’Ourense ennos contrautos do cabidoo et o cabidoo da dita igleia d’Ourense seendo juntados por canpaan tanjuda enna costra nova de San Martiño hu he de costume de nos juntar a fazer cabidoo, nos os ditos Domingo Anes vigario e cabidoo damos a foro a vos Johan Perez lavrador morador enna friigesia de San Viçenço dos Aveleendos que he en terra de Caldelas o nosso casar que nos avemos enna dita friigesia, ao qual chaman o casar d’Arnuso. Damos vos a foro o dito casar en vossa vida e da vossa moller Tereyia Garçia que non he presente ea huna voz qual nomear o postrimeiro de vos en sua vida ou a tenpo de seu finamento. Et vos e a dita vossa moller e a dita voz que lavredes e paredes ben as herdades do dito casar en maneira que non defalescan per mingoa de lavor e de boon paramento e mantenades as casas e as moredes por vos, et que vos e a dita vossa moller e a dita voz que dedes a nos o dito cabidoo per nosso moordomo, o qual devedes proveer de comer et de bever comunalmente en quanto estever convosco a coller os froitos do dito casar, quinta parte de çenteo e de triigo e dorio e de millo e de lino, et dardes vos e a dita vossa moller e a dita voz por dereituras do dito casar quatro mor. de brancas e duas galinas e hun lonbo de porco comunal sigundo dan os outros casares. Aynda devedes a dar cada anno vos e a dita vossa moller e a dita voz hun moyo de çenteo de seara e hun sesteiro deiradigo. Et vos e a dita vossa moller e a dita voz devedes seer vassalos serventes e obidientes de nos o dito cabidoo. Et he posto que se vos ou a dita vossa moller ou a dita voz quiserdes vender, deitar ou sopiñorar o dito casar ou parte del que primeiramente frontedes a nos o dito cabidoo ou ao que andar ala na terra por nos et nolo dedes polo justo preço, et se o nos non quisermos enton vendede, deytade ou sopinorade non a cavaleiro nen a escudeiro nen a dona nen a ome poderoso nen de rua nen a moordomo alleo, mays a atal pessona que seia semellavil de vos et que cunpra e faça a nos o dito cabidoo os foros que vos avedes de fazer et de que nos possamos aver en paz e en salvo assy commo de vos os foros e dereitos do dito casar. Aynda he posto que se contenda recleçer entre nos o dito cabidoo e vos o dito Johan Perez e a dita vossa moller ou vossa voz sobre razon do dito casar que se termii por dous ommes boons do dito cabidoo tomados a prazer de nos as partes, toda outra apelaçon remota. Et obligamos os beens da nossa mesa para anparar vos e a dita vossa moller e a dita voz con o dito casar a dereito. Et eu o dito Johan Peres que soon presente por min e pola dita miña moller que non he presente e pola dita voz assy reçebo de vos o dito vigario e cabidoo o dito casar aforado, et prometo e outorgo de o lavrar e parar ben et pagar os ditos foros de pam e dereituras e galinas e lonbo et conprir e aguardar todalas cousas e cada huna delas que en esta carta son contiudas. Et para o assy conprir obligo todos meus beens moviles e reises gaañados e por gaañar. Et desto nos os ditos vigario e cabidoo e o dito Johan Peres rogamos e mandamos a Pero Lourenço notario publico d’Ourense que fesesse ende duas cartas partidas por a b c, anbas en hu tenor. Feyta a carta en Ourense dentro no dito cabidoo, çinqo dias de janeiro, era de mill et trezentos e oyteenta e nove annos. Tests. que presentes foron Gonçalvo Seixalvo notario d’Ourense, Martin Esteves ome do esleito, Mateu Fernandes morador en Çeyn e Johan Martines ome do mestrescola de Santiago, coengo d’Ourense.

Et eu Pero Lourenço notario pubrico d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto presente foy e desto que sobre dito he a rogo das ditas partes en miña presença fiz escrivir duas cartas partidas por a . b . c, anbas en huun tenor e en cada huna delas meu signal puge que tal he.

(sinal)