GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

395
1374, agosto, 27 (Vilarrubín)
venda

Tareixa Pérez véndelle a Xoán Martínez, reitor de Santiago de Carracedo, a terceira parte de dúas viñas na Cal por 300 barbudas.

ACOu, Escrituras XII, 78

Sabean quantos esta carta viren que eu Tereyia Peres yrmaa de Martin Peres de Freyra, con outorgamento de Fernando Peres meu marido que presente está e ho outorga, vendo a vos Johan Martines reitor da eigleia de Santiago de Carrazedo a terça de duas leyras de vinas que jasen en termino de Ourense hu chaman A Caal, a qual terça de viñas me ficou de Fernan Peres Fernando Freyra meu yrmao, et as quaes de min teen aforadas Fernando Cortyñas e Maior Eanes sua moller moradores en Ourense ena crus do Çenteo, por tal condiçon que o dito Fernando Cortyñas e sua moller que vos den cada ano en pas e en salvo çinco livras de diñeiros brancos que a min por elas han de dar por aquel tenpo que as Fernan Cortiñas e sua moller de min ten aforado. Et o tenpo do aforamento conprido que vos o dito Johan Martines et toda vosa vos ajades a dita terça das ditas leyras por jur de herdade para senpre, desemo a deus. Vendo vos a dita terça das ditas leyras por preço çerto que a min e a vos prouvo de me por elo dardes, conven a saber tresentas barbudas, as quaes tresentas barbudas logo de vos reçebi de que me outorgo por ben pagada. Et renunço a lee de non numerata pecunia e a todalas outras lees que falan en este caso. Et obrigo todos meus beens de vos defender a dereito con esta vençon que vos faço. Et todo jur, posison, auçon que eu ajo enas ditas leyras de viñas todo o tiro e aparto de min et o poño en vos o dito Johan Martines e en toda vosa vos para senpre. Et quen quer da miña parte ou da estranya que contra esta vençon que vos faço quiser pasar en todo ou en parte delo aya a yra de deus e a miña maldiçon, et a vos ou a vosa vos peyte de pena quinentos mrs. et a carta fique firme e valla senpre en seu revor. Et eu o dito Johan Martines asy reçebo de vos a dita Tereyia Peres a dita terça das ditas viñas. Feita a carta aa igleia de San Martiño de Vilarrovin, vinte e sete dias dagosto, era de mill e quatro çentos e dose anos. Tests. que foron presentes Diego Rodrigues canbaixeiro, Johan Martines morador na eigleia de San Martiño de Vilarrovin, Johan Rodrigues criado de min Rodrigo Afonso notario.

Et eu Rodrigo Afonso notario do couto de Vilarrovin e de Tougues por noso señor o bispo d’Ourense e pola sua eigleia que a esto presente foy e esta carta escrivi e meu syno fige que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta dos beens que mandou Johan

Martines de Carrasedo clerigo.