GMH/ÍNDICE A-Z

60

1418, xaneiro, 1.
Nomeamento dos cobres da cidade de Santiago.

Enno anno do Nasçemento de Nosso Señor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et oyto annos, o primeiro dia do mes de janeiro, este dito dia seendo o conçello, alcalles et regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago juntados enno moesteiro de San Payo d’Ante Altares por crida de anaffil segundo han de usso et de custume, presentes ende Fernan Aras Xarpa et Pero Eanes Abraldes, alcalles, enna dita cidade et Juan Aras da Caña, Fernan Gonçalves do Preguntoiro Afonso Fernandes Abril, Martin Gales, Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, Alvaro Afonso Juliate, regidores jurados enna dita çidade et en presença de min Rui Martines, notario publico jurado da dita çidade et das testemoyas adeante scriptas, logo enton o dito conçello et alcalldes et regidores et omes bõos sobre ditos disseron que por quanto segundo custume antigoa et as abinças et conposições que foran feytas et outorgadas entre os arçobispos que foron enna iglesia de Santiago et o dean et cabidõo da dita iglesia et entre o dito conçello en que se contiian que o dito conçello dese en cada hũu anno ao dito señor arçobispo de Santiago ou a seu vigario ou a aquel que seu poder ouvese para elo dose omes bõos visiños da dita çidade por cobres so seelo do dito conçello para que dos ditos dose omes o dito señor arçobispo o a quel que seu poder para elo touvese tomase et eligise dous deles que os lle aprovuese et os dese por alcalles enna dita çidade en quel anno que lle foron dados por cobres, por ende que deles en conprindo et agardando as (costumes antigoas?) //
(Fol. 26 vº)
et aviinças et conposiçoes que sobre esta rason pasaran et foran outorgadas ontre os ditos señores arçobispo et cabidõo et entre o dito conçello et outrosi que por quanto era de usso et de costume apoblado et husado de longo tenpo a esta parte que o dito conçello nomease hũu home bõo que fose visiño da dita çidade que nomease os dous et que aqueles dous por el nomeados nomeasen onse omes et aqueles ende nomeasen dose omes bõos por cobres, por ende que eles davan et deron poder conprido a Bernald Eanes do Canpo que presente estava para que nomease os ditos dous omes et logo o dito Bernald Eanes por vigor do dito poder que para esto lle foy dado por lo dito conçello nomeou aos ditos Gomes Rodriges et Alvaro Afonso, os quaes nomearon os onse que son estes que se sigen: Johan Gonçales da Fageyras demandador et Turibio Fernandes et Rui Martines, zibicheiros et Fernan Peres et Gonçalvo Gomes, toneleiros, et Juan Rasquino et Aras Fernandes, correeiros et Garçia Eanes criado do dito Alvaro Afom et Pero Cerviño o vello, et Fernan Varela do Camiño et Fernan Beeites, visiños da dita çidade et estes onse omes nomearon por cobres a Gomes Rodriges, bachiller, Maartin Galos, Juan Fernandes Abril, Aras Chantreiro, Vaasco Fernandes Troquo, Vaasco Gomes de Marçoa, Aras Peres da Cana, Afonso Fernandes Abril, Vaasco Peres Abril, Johan Aras da Cana, Juan da Cana, Juan Martines, os quaes asi nomeados nomeou por o dito conçello fiel ao dito Pero Cervino ao qual foy dado poder que presentase en nome do dito conçello et por o seelo das tavoas do dito conçello et por seelo das tavoas do dito conçello os nomes dos ditos dose omes bõos que avian declarados por cobres a nosso señor o arçobispo de Santiago don Lope para que o dito señor arçobispo dese dous deles por justiças este anno aqueles que aprovuese aa sua merçed. Testemoyas que a esto foron presentes, Pero Leiteiro et Alvaro Gil, procuradores do dito conçello et Juan Martines do Vilar, Rui Fernandes, notario appostolico et Jacome Gomes, canbeador, et Pero de Fecha et Vaasco do Cabo, visiños da dita çidade.
Despois desto en este dito dia, estando o moyto onrrado en Christo padre et señor don Loppe de Mendoça, arçobispo de Santiago ennos seus paaços que son açerqua da sua igllesia de Santiago et en presença de min o dito Rui Martines, notario et das testemoyas adeante scriptas, paresçeron ante o dito señor arçobispo os sobreditos Pero Leiteiro et Alvaro Gil, procuradores do conçello da dita çidade et presentaron dito conçello os ditos cobres que levavan en scripto so o dito seelo das tavoas do dito conçello et pedironlle que os reçebese et de como lles presentavan pedian a min, notario, testemoyo para garda do dito conçello et seu en nome del. Et o dito señor arçobispo diso que reçebia os ditos cobres et que os avya por presentados. Esto foy ennos ditos paaços, anno, dia et mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes: don Fadrique, conde de Trastamara et Pero Afonso, notario da dita çidade et Juan Alonso de Camora contador do dito arçobispo. //
(Fol. 27)
Despois desto en este dito dia, estando o dito señor arçobispo en hũa camara dos ditos seus paaços et en presença de min o dito Rui Martines, notario, et dos testemoyas (sic) infra scriptos, enton o dito señor arçobispo disso que por quanto oje este dito dia os procuradores do conçello da dita çidade avyan presentado ante sua merced en escripto et so o seelo das tavoas do dito conçello os nomes de dose omes bõos vesiños da dita çidade por cobres para que el dito señor arçebispo dese dous destes omes bõos por alcaldes enna dita sua çidade este dito anno, segundo custume antigooa que el reçebera os ditos cobres et por ende que visto os ditos que lle asy foran dados et presentados so o dito seello como dito he, que dava et nomeava et eligia por alcaldes enna dita çidade este dito anno a Martin Galos et a Juan Ares de Caña que presentes estavan et dos quaes logo tomou juramento sobre santos Avangeos que corporalmente con suas maos tengeron que eles et cada hũu deles hussassen do dito offiçio ben et verdadeiramente gardando serviço de noso señor el rey et do dito señor arçobispo et da sua igllesia de Santiago et prol comũu da dita sua çidade et dos visiños et moradores dela et fesesen conprimento de dereito assy a o grande como ao pequeño et os ditos Martin Galos et Juan Aras asy o juraron et prometeron faser et conprir. Testemoyas que a esto foron presentes: don Afonso Garçia de Santa Maria, doctor en Leys et Dean enna dita Igllesia et don Pedro de Mendoça, arçidiago de Trastamara et don Juan Nunes de Medin, arçidiago de Nendos et Juan Fernandes de Canas, coengo enna dita Igllesia.
 

Materias

alcalde; alcume; arcebispo; catedral; contador; evanxeos; fiel; mercé; nomeamento; pazo arcebispal; selo; xuramento; xustizas; cobrados

Persoas

Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Afonso García de Santa María, doutor en leis e deán de Santiago de Compostela; Álvaro Afonso Xuliate, rexedor de Santiago de Compostela; Álvaro Xil, procurador do concello Santiago de Compostela; Ares Chantreiro, cobrado de Santiago de Compostela; Ares Chantreiro, cobrado de Santiago de Compostela; Ares Fernández, correeiro; Bernal Eáns do Campo; Fadrique Enríquez, conde de Trastámara; Fernando Gómez, toneleiro; Fernando Varela do Camiño; Fernando Viéitez; García Eáns, criado; Gómez Rodríguez, bacharel en decretos e rexedor de Santiago de Compostela; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; Martiño Galos, rexedor de Santiago de Compostela; Pedro Afonso, notario público; Pedro Cerviño o vello; Pedro de Fecha; Pedro de Mendoza, arcediago de Trastámara; Pedro Eáns Abraldes, alcalde de Santiago de Compostela; Pedro Leiteiro, procurador do concello Santiago de Compostela; Roi Fernández, notario apostólico; Roi Martínez de Carballido, notario público; Roi Martínez, acibecheiro; Toribio Fernández, acibecheiro; Vasco do Cabo; Vasco Fernández Troco, cobrado de Santiago de Compostela; Vasco Gómez de Marzoa, cobrado de Santiago de Compostela; Vasco Pérez Abril, cobrado de Santiago de Compostela; Xácome Gómez, cambiador; Xoán Afonso de Zamora, contador do arcebispo; Xoán Ares da Cana, rexedor de Santiago de Compostela; Xoán da Cana, cobrado de Santiago de Compostela; Xoán Fernández Abril, cobrado de Santiago de Compostela; Xoán Fernández de Canas, cóengo de Santiago de Compostela; Xoán González de Faxeiras, demandador; Xoán Martínez do Vilar; Xoán Martínez, cobrado de Santiago de Compostela; Xoán Núñez de Medín, arcediago de Nendos; Xoán Rasquino, correeiro; Fernando Ares Serpe, alcalde de Santiago de Compostela

Outros

Santiago de Compostela, cabido; Santiago de Compostela, concello; Santiago de Compostela, diocese; San Paio de Antealtares

Lugares

Nendos, arcediagado compostelán; Santiago de Compostela