GMH/ÍNDICE A-Z

581
1351, outubro, 8. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles ao notario Afonso Fernández e á súa muller e a unha voz unha casa na rúa do Burgo Novo pola que deben pagar anualmente como renda 20 soldos; deben, ademais, cubrila con tella e louza.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 52r.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en nosso cabidoo con Lopo Domingues, thesoreyro da iglesia de Lugo, vigario de don Diego Ferrnandes, dayan desse lugar, procurador dos aniversarios da iglesia de Lugo, damos et avervamos et afforamos a vos Affonso Fernandes, notario de Lugo, et a vosa muller, Elvira Lopez, por en todos vosos dias d’anbos et a huna pessoa semelavelle de vos qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, huna casa, que he dos ditos aniversarios, que esta na rua de Burgo Novo, sub signo da cappella de Santiago de Lugo, a qual casa ora esta derribada et sen çerradura, et esta cabo outra casa que foy de Pedro Escudeyro, da huna parte, et da outra parte, esta outra vosa casa que foy do Espital dos proves vengonçosos, et esta dita casa vos avervamos et afforamos con suas dereyturas et pertenenças et cortina, et entradas et seydas, et que vos que cubrades a dita casa de lousa et de tella et que a reffaçades, et que dedes, cada anno, vos et a dita pessoa que for nomeada a aquel que ouver de recadar as rendas dos aniversarios, viinte soldos desta moeda del rey don Affonso por renda et foro della, et que os paguedes, cada anno, por Natal et por San Iohan, segundo que se pagan os alugeyros das outras casas dos aniversarios en salvo; et obligamos et prometemos de vos faser a dita casa de paz, et de vos la non coller por en todos vosos dias et da dita pessoa, et a tenpo do finamento da pessoa que for nomeada que a dita casa fique livre et quita con os boos paramentos que y foren feitos a os aniversarios da dita iglesia.

Et eu, o dito Affonso Ferrnandes, asi reçebo de vos o dito cabidoo et vigario do dito dayam a dita casa et cortina, et foro et vervo della, et outorgo esto que dito he por min et por la dita mina muller et pessoa que for nomeada, et obligo meus beens et da dita mina muller para pagar, cada anno, os ditos viinte soldos et conprir esto que dito he, et demays para o asi conprir eu et a dita mina muller damos-vos por fiador a Iohan Ferrnandes dito de Levea, clerigo prellado de San Lourenço d’Alveyros, que esta presente et outorgante se por fiador.

Et nos, o dito cabidoo, et vigario do dito dayan asi vos outorgamos este vervo et foro da dita casa en testtimonio d’aqual cousa vos mandamos dar esta carta seellada con noso seello en çera pendente. Et demays mandamos et rogamos nos as ditas partes a Iacome Guillelmes, notario publico de Lugo, que a fezese escrivir et posese en ella seu signal et que fezese escrivir con seu signal outra tal carta enno livro de nos o cabidoo.

Que foy feyta en Lugo oyto dias de outubre, era de mill et treçentos et oytaenta et nove annos.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres de Lugo; et don Affonso Eanes, arçidiago de Deça; et don Ruy Ferrnandes, arçidiago de Neyra; et don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; et don Vaasco Diaz, juyz de Lugo; et don Lopo Domingues, thesoreyro sobredito; Iohan Dias et Iohan Ferrnandes et Tomas Gomes et Alvaro Rodrigues et Rodrigo Affonso et Iohan Diaz et Diego Martines, coengos de Lugo; et Ruy Gonçalves, raçoeyro; et Affonso Rodrigues et Affonso Ferrnandes et Affonso Eanes, coengos d’aniversario, ts.

Et eu Iacome Guillelmes, notario publico de Lugo por la autoridade do bispo desse lugar,[a esto que dito he presente foy] et esta carta fige scripvir et puge y meu signal en testemoyo de verdade.