GMH/ÍNDICE A-Z

270
1345, abril, 20
foro

O cabido afóralle a perpetuidade a Afonso Martínez unha viña en Bouzoás por cuarta en vida e as voces terza, dous capóns e un almude de viño.

ACOu, Escrituras V, 22

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos esta viren que eu Gonçalvo Perez coengo e vigario de dom Pero Suarez dean d’Ourense e o cabidoo desse lugar seendo juntados por canpaan tanjuda enna costra nova de San Martiño hu he de custume de nos juntarmos a fazer cabidoo, con outorgamento de Johan Gonçalves coengo teente a nosa renda de Moreiras que he presente e outorgante, damos a foro a vos Afonsso Martines criado de Gonçalvo Rella dobreiro que foy da igleia d’Ourense e a toda vosa voz para senpre huna leyra de vina que iaz en Bouçoaas, a qual foy de donna Esteveyna, a qual iaz entre outra leyra que foy de Pero d’Oyra da huna parte et da outra parte con os fillos de Nuno Vello e em çima topa enna viña de Martin Seixino e en fondo fer enna vina dos Meyriins. Damos vos a foro a dita vina con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças et que a chantedes e ontrechantedes hu lle conprir e lavredes e paredes ben en maneira que non falesca por mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes dela cada anno a nos o dito cabidoo ou a quen tever a dita renda de Moreiras por nos a quarta parte do froito que deus y der en toda vosa vida e depoys de vosa morte dar toda vosa vos a terça parte, a conposta na vina e o vino no lagar, e dous capoens por dia de Sam Martiño e hun almude de vino, e livre e quite de todo outro enbargo, o qual novo da dita vina devedes a coller por nosso ome ou do que tever a dita renda por nos, ao qual proveeredes comunalmente de comer e de bever mentre convosco estever a coller os froytos da dita vina. Et se contenda recreçer entre nos e vos ou as ditas vozes sobrela dita vina que se determine por dous omes boons de nos o dito cabidoo tomados a prazer das partes sem outra apelaçon nihuna. Et se vos ou vossa vos quiserdes vender ou deytar ou obligar a dita vina primeyramente devedes vender ou obligar a nos o dito cabidoo ou a cada hun de nos ca a outro polo justo preço, et se a nos ou cada huun de nos non quisermos reçeber venduda ou obligada enton vendede ou obligade a atal persona que seia semellavil de vos e que o cabidoo queira reçeber por foreyro. Et se por non poder ou por negliiençia de vos ou de vosa vos a dita vina defaleçer por mingoa de lavor e de boon paramento que o dito cabidoo ou o que tever a dita renda por el a posa reçeber commo a achar por sua outoridade, seendo vos ou vosa vos amostado que o corregades e vos non no querendo correier. Et obligamos os beens da nosa mesa do dito cabidoo para vos e toda vossa vos seerdes anparados con a dita vina senpre a dereito. Et eu o dito Afonso Martines asy reçebo a dita vina a foro, e para chantar e entrechantar cada u lle conprir e para lavrar e parar ben e para fazer o dito foro en salvo en cada huun anno et para conprir e aguardar todo esto que sobre dito he por min e por toda miña vos obligo todos meus beens gaanados e por gaanar. Feita a carta en Ourense enno dito cabidoo, viinte dias dabril, era de mill e ccclxxxiii annos. Tests. Johan Gato, Gonçalvo Codeiro notarios, Johan Garçia porteiro do dito cabidoo, Estevo Perez morador en Sobrado.

Et eu Affonso Lourenço thesoureyro da igleia d’Ourense e chançeler dessa çidade a esto presente foy e fige ende fazer duas cartas partidas por .a.b.c. e en cada huna delas puge meu sinal.

(sinal)