Confiscación de dúas cubas de Rodrigo Meilán a pedimento dos recadadores das alcabalas da carne e do pescado. (fols. 17v-18)
Ares de Monterroso et Afonso barbeiro.
Et despoys desto, enna dita çidade, viinte et sete dias de março, Vasco Gomes et Gomes de Mugares juises da dita çidade, a pedimento de Ares de Monterroso o moço et Afonso barbeiro feseron entrega et exsecuçon en duas cubas (de vin)* vasias que seen enna adega donde mora Costança de Trella, que diseron que levarian XX carregas, por dosentos mrs. vellos que o dito Ares de Monterroso diso que lle o dito Rodrigo Meyllan devía da alcavala (do pes)* das carnes et Afonso barbeiro por seseenta (fol. 17v)
mrs. que diso que lle devía da alcavala do pescado et que se vendesen et dos mrs. que por elas desen que se pagase o dito Ares de Monterroso dos ditos CC.- et o mays que por elas desen que se pagase o dito Afonso barbeiro et que se vendesen a seus praseos etç. Tests. Diego Rodrigues recadador, Ares Fernandes mercador, Joan de Ferrera, Joan de Madride. (fol. 18)