GMH/ÍNDICE A-Z

736
1374, maio, 7. Lugo
Avinza pola cal o Cabido de Lugo lle dá ao alcalde da cidade unha peza de terreo que pertence a unha casa do Cabido, cuxa peza está xunto á casa do alcalde. O alcalde comprométese a levantar no devandito terreo un muro entre ambas as dúas casas, e obrígase, ao parecer, a facer unha vivenda -pousas- xunto ao dito muro, para servizo do Cabido.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 15v.

Era de mill et quatroçentos et dose annos, sete dias de mayo.

Commo nos Iohan Affonso, dayan de Lugo, et o cabidoo desa iglesia estando iuntados en cabidoo enno coro desa iglesia, segundo que avemos de custume, da huna parte, et eu Afonso Lopes, alcallde de Lugo, morador enna rua da Ferraria, da outra parte, fasemos entre nos composiçon et avenença que seia valiosa por nos et por nosos subçesores en todo tempo et en esta maneira: conven a saber que nos, o dito dayan, et cabidoo por faser ben et aiuda et gracia a vos, lo dito Afonso Lopes, damos-vos huna peça do terreo da casa en que ora mora Iohan de Lovea, clerigo, que esta a par de outra vosa casa en que vos ora morades, et que mandedes erguer et faser, enna qual peça de terreo que vos damos vos avedes a faser hun penal de parede entre a dita vosa casa et a nosa, et dardes-nos vos, et vosa vos pus vos, pousas enna dita penal para todo o que nos en el comprir de lavrar et pousar para a dita nosa casa quando et cada que a en el demandarmos, sen outro custo et sen outro enbargo, a todo tempo a nos et aquel et a aqueles que a dita casa, en que ora o dito Iohan de Lovea mora ,de nos teveren en foro ou en renda; a qual peça de terreo que vos logo damos ia esta demarcada por mesteyraes et por vosos ollos et de nos, et para esto que non alleguedes ende o contraio en iuyso nen fora del, et se o asy non feserdes vos, ou vosa vos, que peytedes a nos, o dito dayan, et cabidoo por nome de pena, dous mill moravedis desta moneda usual, et a pena pagada ou non pagada que este contrauto fique firme et valioso en todo.

Et eu, o dito Afonso Lopes, que estou presente, asy o outorgo et prometo a comprir por min et por meus subçesores, et sub a dita pena de dous mill moravedis que vos los peytemos se contra esto pasarmos en alguna maneyra, et para esto asy comprir obligo meus bees et dos ditos meus subçesores. Et que esto seia çerto nos las partes rogamos et mandamos a Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto dous contrautos feytos en hun tennor signados con seu signal.

Que foron feytos enno coro da dita iglesia de Lugo era et dia sobreditos.

Testemoyas: don Iohan Afonso, dayan; don Gonçalvo Eanes, chantres; et don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça; et don Pedro Ares, arçidiago de Triacastella; et don Roy Gonçalves, mestrescolla de Lugo; Tomas Gonçalves, et Fernan Peres, et Arias Peres, et Arias Ferrnandes, et Afonso Ferrnandes, coengos de Lugo; et Lourenço Yanes de Lamas, avogado, et Pay Ferrnandes, et Lopo Afonso do Campo, et Afonso Lopes, alfayate, et Lopo Peres, porteyro do cabidoo de Lugo, et outros.

Eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto foy presente et fis scripvir esta carta en minna presença et aqui puge meu signal.