GMH/ÍNDICE A-Z

H45
1435, decembro, 23
Xoán de Ortega recibe a Rodrigo Lourenzo por foreiro dunha leira de viña en Zaame que lle foi traspasada polo foreiro anterior, e afóralla de novo a oito voces, coa condición de plantar o monte en catro anos, por sexta. (fol. 19-19v)

Feita e dada. Carta de Rodrigo Lourenço de Pyñor, foro do bispo.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Joan d’Ortega, mestre escola enna iglesia d’Ourense et procurador do dito señor obispo por poder que del teño, dou et outorgo aforo a vos Rodrigo Lourenço que sondes presente et a vosa moller Margarida Gonçalves, moradores enna aldea de Pyñor, e a oyto voses apus voso finamento etç., conben a saber que vos aforo huna leyra de viña (que)* con seu monte que a ela perteesçe, que jaz en Çaame, a qual chaman a leyra de Dona Sancha (segundo que foy)* a parte de huna parte con viña de Gonçalvo de Noalla et da outra parte con a congostra que vay d’Ourense para Pyñor et en çima en viña de Joan Rodrigues do Çerdedo en enbaixo en viña de vos o dito Rodrigo Lourenço, a qual dita leyra de viña foy de Afonso Peres morador enna dita aldea de Pyñor, e traspasou en vos o dito Afonso Peres, et eu reçebo vos por foreiro et façovos foro de novamente dela, a qual vos aforo con todas suas entradas etç. por tal condiçon que ontrechantedes a dita leyra de viña, et ponades todo o monte que a ela perteesçe en estes quatro annos primeiros sigentes et façades foro de sesta ao dito señor obispo da dita viña e da viña que feserdes enno dito monte, a qual colleredes por seu mayordomo etç. et se non poserdes o dito monte ennos ditos quatro annos que percades por elo o dito foro e viña etç. e do al de (fol. 19)
disemo a deus etç. et se quiserdes vender, deytar ou supynorar, enallear, traspasar, que primeiramente frontedes ao bispo etç. et seeredes vos et as ditas vosas voses vasallos serbentes e obedientes etç. e non vos chamaredes a outro señorio etç. et se pleyto ou contenda recreçer etç. et se estas condiçoens non conprirdes que percades o dito foro etç. et obrigo os beens da mesa obispal do dito señor obispo etç. Et eu o dito Rodrigo Lourenço obrigo meus beens etç. Penna CC.- etç. Tests. Pero Fernandes de Porçomillos notario et Afonso da Barreira et et Gomes d’Abadín. Feita XXIII de desenbro.