1348, novembro, 9. Lugo
O Cabido de Lugo cédelle unhas decretais ao deán a condición de que este
as devolva cando faleza, ou ben entregue 600 marabedís. Así mesmo, o
deán comprométese a entregar no devandito prazo unhas clementinas ou 200
marabedís.
Era
de mill et CCC LXXXª et seys annos, IX dias de novembre. Seendo
o cabidoo de Lugo iuntados por campanya tannuda no thesouro desa
iglesia deron a don Diego Ferrnandes, dayam, hunas Degretaes que
tinna Iohan Gonçalves, arçidiago de Deça, por
tal condiçon que o dito dayam que as tenna en sua vida, et a
sua morte que as leyxe a o dito cabidoo, ou seysçentos
moravedis desta moneda del rey don Affonso. Et o dito dayan por esta
gracia que lle o cabidoo fasia prometeu a leyxar a o dito cabidoo con
as ditas Degretaes hunas suas Clementinas, deste dayam, que el ora ha
con seu aparado, ou duçentos moravedis por elas. Et se
acaesçer que Deus faça merçee a o dito dayan de
bispado ou arçibispado que el entregue as ditas Degretaes et
Clementinas a o dito cabidoo ou a dita cuantia de moravedis por
ellas. Et para o assy comprir obligou seus beens et demays deu por
fiador: don Garçia Dias, arçidiago de Sarria, el
presente et outorgante, et se o arçidiago finar ou acaesçer
de non seer benefiçiado en esta iglesia, que o dito dayam de
outro fiador en seu lugar, et asi o outorgou.
Testemoyas:
don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de
Neyra; don Vaasco Dias, arçidiago de Deçon; o
mestrescola, o iuys, thesoreyro, Iohan Ferrnandes, Iohan Dias,
coengos de Lugo, et outros.
Et
eu Fernan Garçia, notario publico del rey en Lugo, a esto foy
pressente et esta carta scripvi et puge y meu sinal en testemoyo de
verdade.