GMH/ÍNDICE A-Z

191
1330, decembro, 3
reversión

O cabido recibe unha viña no Vao, “aalende a forca”, e unha casa na Corredoira, na que moran o xudeu Rabiaco e a súa muller, dona Clara, por causa de que Fernando Rodríguez, cabaleiro, foreiro deses bens, llos legara trás a súa morte ao mosteiro da Orde de Santiago.

ACOu, Escrituras XVII, 67

Connuçuda cousa seia a todos que en presença de min Gonçalvo Peres notario d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar e das testimuyas adeante scriptas, Affonso Viviaez coengo d’Ourense, en presença de Pero Giaez thesoureiro e vigario geeral do onrrado padre e señor don Gonçalvo porla graça de deus bispo d’Ourense, foy ao lugar a que chaman o Vao e entrou dentro en huna vina que está aalende a forca contra o rio, et disso que Fernan Rodrigues cavalleiro tiiña a dita vina et hunas casas na Corredoyra afforadas do cabidoo d’Ourense en sua vyda et a sua morte avyan de ficar a esse cabidoo, et que agora o dito Fernan Rodrigues fesera enprasamento con o moesteiro da orden de Santiago por que a sua morte desse Fernan Rodrigues ficasse aa dita orden a dita vina e cassas et outras posissoens que el avya. Et por que esto perveeran agora novamente a esse cabidoo, que el en nome del reçebya a dita vina para o dito cabidoo, e tomou da rama da dita vina e da terra na mao, et disso que a reçebya por esto, commo o dito Fernando Rodrigues britasse o afforamento que lle fora feyto, enprasando et enalleando as herdades que non eram suas con quen non devya. Esto foy enna dita vina, tres dias de dezenbro, era de mill e ccclxviiiº annos. Testimuyas Lourenço Anes e Lourenço Peres homes de Pero Fernandes raçoeyro et Gonçalvo Bocacho homme de Gonçalvo Vyviaez.

Et logo essa ora e por esas testimuyas o dito Affonso Vyviaez foy aa rua da Corredoyra a hunas cassas que y estan en que mora Rabiaco judeu et disso que \por/ esta meessma maneira et por esta meesma rason que reçebya a dita vina que assy reçebya as ditas cassas para o dito cabidoo, e pechou as portas delas et deu as chaves delas de mao do dito cabidoo a donna Clara moller do dito Rabiaco. Et posso en couto de çen morabedis da boa moeda a quen quer que as entrasse senon porlo dito cabidoo e por seu mandado. Et desto en commo passou o dito Affonso Vyviaez en nome do dito cabidoo pedío a min notario sobredito hun stormento. Esto foy en Ourense no dia e era sobreditos.

Et eu Gonçalvo Perez notario sobredito que a esto presente foy e en mya presença este estrumento fiz escrivir e meu sinal y puge en testimuyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta por que reçeberon as casas da Corredoyra de Fernando Rodriguez e a viña do Vao.