D197
1459, maio, 18
García, zapateiro, e Gómez Cangado fan pacto de amizade, poñendo para iso fiadores. (fol. 60-60v)
En este día e por estes tests. Garçia çapateiro et Gomes Cangado vesiños d’Ourense, anbos se obrigaron de seer boons amigos hun do outro et outro do outro e de non errar hun ao outro nen outro ao outro nen faser mal nen dano nen sen rason alguna nen morte nen ferida nen se trautaren mal, e ante de se amaren et faseren boas obras, sopena de çen dobras de pena que pagase o que contra elo pasase, para o qual o dito Gomes Cangado deu por fiador ao conprir todo asy et (o dito Gomes Cangado deu por)* (fol. 60)
a Loys Garçia mercador et o dito Garçia çapateiro deu por fiador a Gomes d’Asperante et a Pero Pereira çapateiros vesiños d’Ourense, os quaes se obrigaron por taes fiadores do dito Garçia çapateiro de man comun etç. contrato forte e firme etç. Tests. Ares de Prado, Afonso Caldellas, Pero de Monterrey, Alvaro Fernandes pregoeiro.