GMH/ÍNDICE A-Z

E2-38
1435, agosto, 8
Ao ser insuficiente o abastecemento de carne á cidade, o vigairo episcopal,
o Cabido e o Concello fan un contrato con carniceiros ata o vindeiro día de Entroido, para que cada un deles ofreza tres bois semanalmente e vendan a libra de carne a unha branca, repartan as ganancias a medias entre eles e o Cabido ou Concello, e asuman estas institucións e o bispo as perdas. (fols. 15v-16v)

Contrauto dos carniçeiros.

Anno domini Mº CCCC XXX V, a VIIIº dias de agosto en Ourense, enno cabiidoo da iglesia catredal do señor San Martiño, presentes y en cabiidoo e conçello Pero Sanches de Baeça arçediano de Baronçelle enna iglesia d’Ourense, don Fernando Anes arçediano de Castela enna dita iglesia e provisor e vigario jeeral do dito señor obispo, Manuel Afonso tesoureiro enna dita iglesia et Rodrigo Afonso canonigo enna dita iglesia et vigario de don Pero Ares dean enna dita iglesia, Gomes Yanes, Afonso Yanes, Gonçalvo Nunes, Alvaro d’Agyar, Ares Gonçalves canonigos enna dita iglesia, Afonso Ares procurador do dito cabiidoo, Alvaro de Mira, Lopo Ares raçoeyros enna dita iglesia, e Garçia Dias d’Espinosa, (Alv)* Loys Gonçalves, Estevo Fernandes, Gomes de Chantada rejedores, Afonso Anriques, Pero Fernandes de Porçomillos juises da dita çibdade et Afonso Ares procurador do conçello da dita çibdade et Meen Suares Galynato, todos avendo seu conçello sobre rason dos carniçeiros da dita çidade e por quanto non avyan abondamento de carne, por ende tomaron para o ofiçio da carneçaria estes ofiçiaas e carniçeiros que se sigen e con estas condiçoens:
Iten Afonso Caldelas que era presente e diso que tomava por conpaneiro consygo enno dito ofiçio a Pero Rodrigues.
Iten Joan Teixeira que era presente et diso que tomaria por conpaneiro o que el declarase que non fosen dos que avyan feito juramento.
/A IX dias do dito mes Joan Teixeira nomeou por conpaneiro a Lourenço Domingues et entraron con elles en conpania Fernando Lourenço et Gonçalvo de Toen e obrigaron se de dar os ditos tres boys con as ditas condiçoens, et foy perante Loys Gonçalves e Gomes de Chantada e Joan Cadrado o vello.\ (fol. 15v)
Iten Fernando Ramos que era presente estava et diso que tomaría seu conpaneiro que non fose dos que avyan feito juramento.
Iten Joan Garçia presente diso que tomava por conpaneiro a Pero de Barreyros ausente, Joan (Ovelleiro diso)*.
Iten Joan Ovelleiro presente diso que tomaría por conpaneiro a Joan de Deus que era ausente ou a outro que non fose dos que tinan feito juramento.
Os quaes ditos carniçeiros diseron que toman o dito ofiçio e os ditos señores diseron que lles llo davan doje ata día dentroydo primeiro sigente et que vendesen a libra da carne a huna branca ata o dito termino et que cada hun dos ditos carniçeiros con seus conpañeiros que matasen cada somana et desen cada huun con seu conpaneiro tres boys, et qual quer delles con seu conpaneiro que non dese os ditos /tres\ boys que perdese de penna por cada vez dose mrs. de penna, ameatade para o dito conçello, ameatade para a ponte, et que toda a ganançia que deus dese en elo que a ouvesen de por medeo ameatade os ditos señores do cabiidoo e conçello et ameatade os ditos carniçeiros et que se perdida ouvese que o sosobisen os ditos (carniçeiros)* señores do cabiidoo e conçello e o dito señor obispo et que desen conta por seu juramento, o qual logo feseron, et que outras personas non maten carne senon os ditos carniçeiros e qual quer que a matar en nehuna maneira que seja nen carnes de boys nen (fol. 16)
de bacas nen carneiros nen roxelos que perca a carne que asy matar et seja ameatade dela para os ditos carniçeiros e ameatade para o dito conçello et que pagen de penna seseenta mrs. ameatade para o dito conçello et ameatade para o ponte, et que pesen ben a carne por peso de vinte onças a libra, et se os ditos carniçeiros mays carne quiseren matar que os ditos tres boys cada hun con seu conpaneiro, que a maten se quiseren, et todos asy o outorgaron etç., contrauto forte et firme etç. Tests. Meen Suares, Gomes Roges, Joan de Larín raçoeyro.
Iten diseron que posesen veedores que visen as ditas carnes e as repesasen por outros pesos fiees que fosen dereitos das ditas viinte onças e que tomasen dous para elo, destes aqui nomeados:
Ares de Doade e Roy Calvo
Garçia Vasques et Afonso do Cabo
Gonçalvo Fernandes (escripvan)* e Fernando Rodrigues escripvaans. (fol. 16v)

Materias

alcume; alimentos; avinza; boi; carne; carneiro; comercio; compañía; Entroido; fiel; gando; marabedí; mercado; obrigación; ordenanza; pena; peso; provisor; rexistro; roxelo; socio; xuramento; catedral

Persoas

Afonso Ares, procurador do cabido de Ourense; Afonso Ares, procurador do concello de Ourense; Afonso Caldelas, carniceiro; Afonso do Cabo, fiel; Afonso Eáns, cóengo de Ourense; Afonso Enríquez, xuíz de Ourense; Álvaro de Aguiar, cóengo de Ourense; Álvaro de Mira, racioneiro de Ourense; Ares de Doade, fiel; Ares González, cóengo de Ourense; Estevo Fernández, rexedor de Ourense; Fernando Eáns, arcediago de Castela e vigairo; Fernando Lourenzo; Fernando Ramos, carniceiro; Fernando Rodríguez, escribán; García Díaz de Espinosa, rexedor de Ourense; García Vázquez, fiel; Gómez de Chantada, rexedor de Ourense; Gómez Eáns, cóengo de Ourense; Gonzalo de Toén; Gonzalo Fernández, escribán; Gonzalo Núñez, cóengo de Ourense; Lois González das Tendas, rexedor de Ourense; Lopo Ares, racioneiro de Ourense; Lourenzo Domínguez; Manuel Afonso, tesoureiro de Ourense; Men Suárez Galiñato; Pedro Ares, deán de Ourense; Pedro de Barreiros; Pedro Fernández de Porzomillos, xuíz de Ourense; Pedro Rodríguez; Roi Afonso, cóengo de Ourense; Roi Calvo, fiel; Xoán Cadrado o vello; Xoán de Deus; Xoán García, carniceiro; Xoán Ovelleiro, carniceiro; Xoán Teixeira, carniceiro; Pedro Sánchez de Baeza, arcediago de Baroncelle

Outros

Ourense, cabido; Ourense, diocese; Ponte de Ourense; Ourense, concello