(ff. 67-67v e 60 v)
Predito. Sabean todos que eu, Gomes Fariña, fillo que foy de Nuno Mouriño et de sua moller que foy Catalina Colunba (nome reescrito con caracteres máis tardíos), cuja alma Deus aja, et morador ẽna villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas vozes, non costrengudo por força nen por engano resçebido, mas de mia livre et propia voontade, dou et outorgo en pura, justa et saa doaçon par todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas valer ontre vivos, a vos Juan da Caal, mercador, besiño da villa de Pontevedra, que sodes presente, et a vosa moller Sancha da Caal et a todas bosas bozes, toda a mĩa casa, sotoo et sobrado, // que esta ẽna Rua de Don Gonçalo, fiigresia de San Bartolomeu da dita villa, a qual se ten da hũa parte de longo por tavoado con outra casa sobrado en que eu moro, et da outra parte vay de longo por parede con outra casa de Pero Cruu o vello, jurado da dita villa, et vay entestar de longo en outra mĩa casa que ten aforada Marquos Fernandes, clerigo, et sal con portas et fiestras aa dita rua publica de Don Gonçalo; et a qual dita casa a mi perteesçe por herança dos ditos meus padre et madre et avoos et por outra qualquer rason que a mĩ perteesca de dereito; et esta dita doaçon vos faço de toda a dita casa por muyta mantença que me fazedes et ajuda et obra boa que de bos resçeby et entendo resçeber, et por que me pras et he asi mĩa voontade, et demas con carrego que vos et a dita vosa moller et bosas vozes dedes el pagedes ao convento et fraires do moesteiro de San Françisco da dita villa, por cada dia de esta feira maior, trinta paas blaquos cosidos, cada pan de valor de çinco dineiros, que son quise mrs. da dita moeda, et asi em cada un ano para todo senpre, que han de penson et trebuto ẽna dita casa; et quero et outorgo que, desde oje este dia endeante, vos et a dita bosa moller et vosas vozes, sen meu enbargo et de mĩas bozes, posades entrar et resçeber o jur et posison da dita casa et continuarlo para senpre, et faser dela et en ela toda vosa libre voontade asi como de vosa cousa quita propia, con o dito cargo de pan; et prometo et outrogo de vos non revocar esta dita doaçon en mĩa vida nen a tenpo de mĩa morte, nen procure que se revoque, et fasendo o contrario que non valla o que ende fezer, sobre lo quel renunçio as leis do dereito, do dolo, engãno, ingratidue, et que disen que todo home ou moller pode viinr contra doaçon ou confeson que faça en termino de un et dous anos, et a toda outra rason et exençon et lei et dereito de que me eu ou outro em meu nome pudieramos ajudar para contra elo biinr, que quero et outrogo que me non vallan nen sejamos sobre elo oydos em juiso nen fora del. Et eu, de mĩa libre et propia boontade et sen outra industria et dolo, bos outrogo toda a dita casa ẽna dita doaçon con o dito cargo de pan suso dito, et outrogo et prometo de bosla non revocar nen quebrantar, en vida nen en morte, por manda nen por codeçilo nen por outra bia algũa, ante que vosla tena et compra asi senpre et todo tenpo por min et por todos meus bẽes movles et rayses que vos a elo obligo et aa boa fe de Deus et sen mao engãno et por juramento que ende.
(continúa no f. 60 v)