-35-
Conpromjso.
En San Tomé do Mar, JX djas do dito mes e ano4. Este día como4 eu, Rroý Mouriño / de San Tomé, e eu, Johán Peres, marineyro, morador en Santa María Digna4, por nos quitar de pleitos e / cõtendas sobre rrasõ de diñeyros que dis o dito Rroý Mouriño que le deue tornar da soldada / de seu fillo, forõ avenjdos de o conprometer en amjgos4 árbitros arbitradores, o dito Rroý / Mouriño en mãos de Afonso Rrodriges de San Tomé, e o dito Johán Peres en maos de Johán Dominges, carmena[dor]110 / de Põtevedra, que quedou de trager para que o librẽ en todo este mes e111 que estarã por112/la sentençja ou sentençjas, mãdamento ou mãdamentos que derẽ, so pena de dous mjll morauidís / para la parte obediente; outorgarõ carta firme e forte de cõpromjso qual pareçer / signada de mj signo4. Testigos: Sueyro Gomes e Gomes d'Ouvjna e Ferrnand Greýno.
_______
4. Leva un trazo sobre a palabra.
110. Está escrito carmena.
111. Escribiu inicialmente so p e trazou a conxunción sobre estas tres letras.
112. Escribiu sobre a liña mos, o que se pode interpretar como un intento de corrixir estara:, que ten a última letra retocada, en estaremos ou ben para entreliñar [a]mos.