GMH/ÍNDICE A-Z

42
1306, marzo, 1

Rui Fernández e Urraca Fernández dóanlles a García Fernández e á súa muller tres oitavas de cebada e catro soldos e medio que lles corresponden polo igrexario de Santa María de Alta.

MADRID, AHN, Carp. 1332 A/10 e 11, perg. orix., galego, gótica cursiva, 153x92 mm.

Conoçuda coussa seia commo nos Ruy Ferrnandes et Orraca Ferrnandes, filos de Fernan Garçia que foy de Progel, de bon coraçon damos en doaçon para senpre a vos Garçia Ferrnandes et a vossa moler Aldara Yanes, moradores en Santa Maria Alta, tres oytavas de çeveyra et quatro soldos et medeo que nos avemos cada ano de yglesiario na yglesia dy, de Santa Maria Alta con seu padroadigo. Et esta doaçon vos damos para sempre que façades dello toda vossa voontade, et obligamos nos et todos nosos bees a vos fasermos senpre de paç esta doaçon.

Feyta a carta primeiro dia de março. Era de mill et CCC et XLIIIIº anos.

Testemoyas: Iohan Peres clerigo de Santa Maria Alta, Affonso Yanes carniçeyro, Ruy Ferrnandes escudeyro, Aras Peres de Ponferrada, Iohan Martines dito coutado testemoyas.

Et eu Iohan Domingues, notario publico dado pelo bispo de Lugo a o conçello desse mismo lugar, a esto presente foy et por rogo dos ditos Ruy Ferrnandes et Orraca Ferrnandes esta carta escrivi et meu sinal y puge.

SIGNO